Apollo 17

última misión do programa Apolo da NASA From Wikipedia, the free encyclopedia

Apollo 17
Remove ads

O Apollo XVII foi a última misión do programa Apolo da NASA. Enviado ó espazo o 7 de decembro de 1972 por un foguete Saturno V, desde a plataforma 39 A do complexo de Cabo Kennedy, en Florida (EUA). Coñeceuse oficialmente como AS-512 e foi o encargado de enviar os últimos astronautas á Lúa, pois as tres seguintes misións foran canceladas por recortes de presuposto. Despois do Apolo 17, as cápsulas Apolo restantes foron empregadas nos programas Skylab e Apolo-Soiuz.

Datos rápidos Datos da misión, Misión: ...
Thumb
Lanzamento do apollo XVII.

A tripulación do Apollo XVII estaba composta polo comandante Eugene Cernan, o piloto do módulo lunar e xeólogo Dr. Harrison H. Schmitt, chamado Jack, e o piloto do módulo de mando Ronald E. Evans.

A denominación das naves, privilexio do comandante, foi Challenger para o módulo lunar e America para o módulo de mando.

O comandante Gene Cernan foi o último ser humano que pisou a superficie da Lúa nos Montes Taurus, xunto ao Cráter Littrow. O 19 de decembro a cápsula amarou en augas do océano Pacífico, poñendo fin á misión.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads