Apollo 16
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Apollo 16 foi a décima misión tripulada do programa Apollo dos Estados Unidos, a quinta e penúltima en aterrar na Lúa e a primeira en aterrar nas terras altas da mesma. A segunda das chamadas "missións J", estivo tripulada polo comandante John Young, o piloto de módulo lunar Charles Duke e o piloto de módulo de mando Ken Mattingly. Foi lanzada dende o Centro Espacial Kennedy en Florida ás 17:54 UTC do 16 de abril de 1972, cunha duración de 11 días, 1 hora e 51 minutos, concluíndo ás 8:45 PM CET do 27 de abril dese mesmo ano.[1][2]
John Young e Charles Duke estiveron 71 horas - pouco menos de tres días - na superficie lunar. Durante ese tempo realizaron tres actividades extra-vehiculares (EVA) ou camiñadas lunares, cunha duración total de 20 horas e 14 minutos. Conduciron o Vehículo de Exploración Lunar (Lunar Roving Vehicle, LRV), o segundo producido e usado na lúa, percorrendo con el 26.7 km. Na superficie Young e Duke colleitaron 95.8 kg de mostras lunares para traer á Terra, mentres que o Piloto do Módulo de Comando Ken Mattingly orbitaba no Módulo de Comando e Servizo (CSM), realizando observacións. Mattingly permaneceu 126 horas nas 64 revolucións en órbita lunar. Despois de que Young e Duke se reuniron con Mattingly na órbita Lunar, a tripulación liberou un subsatélite do Módulo de Servizo (SM). Durante a viaxe de regreso á Terra, Matingly realizou unha camiñada espacial para recuperar varios casetes do exterior do SM.[1][3]
O punto de aluaxe do Apolo 16 nas terras altas foi elixido para permitir que os astronautas reunisen material Lunar xeologicamente máis antigo que as mostras obtidas nas primeiras catro aluaxes, as cales estiveran preto ou dentro do Mar Lunar. Mostras da Formación Descartes e a Formación Cayley descartaron a hipótese de que ditas formacións eran de orixe volcánica.[4]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads