Apollo 7
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Apollo 7 foi o cuarto voo espacial do programa norteamericano Apollo (denominado oficialmente AS-205), lanzado o día 11 de outubro de 1968 mediante un foguete do tipo Saturno IB e coa primeira tripulación composta polos astronautas Walter M. Schirra -comandante-, Donn F. Eisele e Walter Cunningham.

A nave foi posta nunha órbita de aparcadoiro (entre 230 e 285 km de altura) e durante as 163 órbitas á Terra comprobouse o funcionamento da cápsula espacial C.M. e do módulo de servizo, así como os sistemas de comunicacións.
Tamén se probou un atraque espacial coa terceira fase do foguete Saturno, á que se achegou ata estar a uns 15 metros de distancia, simulando así a unión co módulo lunar.
Durante o voo acendeuse o motor principal en oito ocasións para efectuar correccións de traxectoria, e realizouse en directo a primeira transmisión das manobras realizadas, que puideron ver na Terra millóns de persoas.
Tras 10 días de misión, a amaraxe efectuouse o 22 de outubro de 1968 a menos de 15 quilómetros do lugar previsto para o seu descenso, a 7 mn (13 km) ao norte do buque de recuperación designado, o USS Essex. O voo durou 260 horas, 8 minutos e 58 segundos.
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apollo 7 |
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads