Apollo 8

From Wikipedia, the free encyclopedia

Apollo 8
Remove ads

O Apollo 8 foi a segunda misión tripulada do Proxecto Apollo dos Estados Unidos de América, e a primeira en usar o enorme lanzador Saturno V. Foi a primeira viaxe espacial tripulada que escapou do campo gravitacional terrestre, circunvalou a Lúa e entrou en órbita lunar.

Datos rápidos Datos da misión, Misión: ...
Remove ads

Tripulación

Tripulación principal

Máis información Posición, Astronauta ...

Tripulación suplente

Máis información Posición, Astronauta ...
Remove ads

Insignia da misión

Foi deseñada por Jim Lovell. A forma triangular da insignia representa o aspecto cónico do módulo de mando. A Lúa e a Terra aparecen unidas mediante unha figura vermella con forma de "8", que indica o número da misión e tamén o seu obxectivo. Dentro desta figura están escritos en branco os apelidos dos tres astronautas.

Misión

Ao principio, o obxectivo da misión era acadar a órbita terrestre e probar alí o módulo lunar, pero as continuas demoras na construción deste último fixérono imposible. Finalmente, configurouse outro plan de voo, tamén debido ao temor por parte da NASA de que os soviéticos puideran ser capaces en pouco tempo de circunvalar a Lúa cunha nave tripulada. Os novos obxectivos da misión Apollo 8 pasaron a ser circunvalar a Lúa e entrar en órbita lunar, empregando só os módulos de mando e servizo e conservando o Saturn V como lanzador.

Na engalaxe houbo varios problemas, ademais de alongamentos no funcionamento dos motores, e non se acadou a órbita prevista. Unha vez en órbita terrestre, acendeuse outra vez a terceira etapa do Saturn V durante 5 minutos e 17 segundos, conseguindo a inxección translunar (TLI).

Thumb
"A saída da Terra", a fotografía máis famosa do Apollo 8.

Na viaxe ata a Lúa, que durou tres días, realizouse unha corrección de rumbo. Borman comezou a sentirse mal, sufrindo o chamado "síndrome de adaptación ao espazo". Ao achegarse á Lúa, o 24 de decembro, realizouse unha ignición para frear a nave e inserila na órbita. Os tres astronautas foron os primeiros seres humanos en ver a cara oculta da Lúa cos seus propios ollos e a saída da Terra polo horizonte lunar. Durante a novena órbita, os tres leron por radio unha parte do libro bíblico da Xénese, con motivo do Nadal.

Na medianoite do 25 de decembro, realizouse unha ignición que elevou a velocidade da nave a 9682 km/h, embarcándoa nunha viaxe de retorno de pouco máis de dous días.

Antes de iniciar a reentrada, desacoplouse o módulo de servizo. Seis minutos antes de penetrar na atmosfera, a tripulación viu a Lúa saíndo sobre o horizonte terrestre, tal e como estaba previsto. Finalmente, o módulo de mando amarou no Pacífico Norte, preto de Hawai.

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads