Arabidopsis

xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia

Arabidopsis
Remove ads

Arabidopsis é un xénero de plantas da familia Brassicaceae. Son pequenas plantas con flores relacionadas coas verzas e a mostaza. Este xénero ten grande interese porque contén a especie Arabidopsis thaliana, un dos organismos modelo usados para estudar a bioloxía das plantas e a primeira planta da que se secuenciou o xenoma completo. Os cambios en A. thaliana son doadamente observables, o que a fai un modelo moi útil.

Este artigo trata sobre o xénero. Para o organismo modelo ver Arabidopsis thaliana.
Máis información Clasificación científica, Especie tipo ...
Remove ads

Status

Actualmente, o xénero Arabidopsis ten nove especies e outras oito especies máis adicionais recoñecidas. Esta delimitación é bastante recente e está baseada en filoxenias morfolóxicas e moleculares feitas por O'Kane e Al-Shehbaz[1][2] e outros.

Os seus descubrimentos confirman que as especies anteriormente incluídas en Arabidopsis facían que o xénero fose polifilético. A reclasificación máis recente incorporou ao xénero Arabidopsis dúas especies antes situadas en Cardaminopsis e Hylandra e tres especies antes en Arabis, pero excluíu do xénero 50 especies que foron trasladadas aos novos xéneros Beringia, Crucihimalaya, Ianhedgea, Olimarabidopsis e Pseudoarabidopsis.

Todas as especies de Arabidopsis son indíxenas de Europa, mentres que dúas das especies teñen áreas de distribución máis amplas, estendéndose por América do Norte e Asia.

Nas últimas décadas, Arabidopsis thaliana espertou moito interese científico como organismo modelo para a investigación de numerosos aspectos da bioloxía das plantas. The Arabidopsis Information Resource (TAIR) é unha fonte de información curada en liña sobre a investigación biolóxica e xenética de Arabidopsis thaliana e The Arabidopsis Book[3] é unha compilación en liña de capítulos sobre a bioloxía de Arabidopsis thaliana. (Nótese que a partir de 2013 deixaron de publicarse novos capítulos.) En Europa, o centro de recursos de organismos modelo para o xermoplasma de Arabidopsis thaliana, e fontes bioinformáticas e de bioloxía molecular (incluíndo GeneChips) é o Nottingham Arabidopsis Stock Centre (NASC), mentes que en América do Norte os servizos de xermoplasma proporciónaos o Arabidopsis Biological Resource Center (ABRC) con sede na Universidade de Ohio. O sistema de ordenación do ABRC foi incorporado na base de datos TAIR en xuño de 2001, mentres que o NASC desde o principio (ano 1991) ten o seu propio sistema de ordenación e buscador de xenomas.

En 1982, a tripulación da estación esacial soviética Salyut 7 cultivou alí algunhas Arabidopsis, que foron as primeiras plantas que floreceron e produciron sementes no espazo. Viviron durante 40 días.[4] As sementes de Arabidopsis thaliana leváronse á Lúa na nave de aterraxe Chang'e 4 en 2019, como parte dun experimento para estudantes. En maio de 2022 Arabidopsis thaliana cultivouse con éxito en mostras de terra lunar (regolito) traídas á Terra.[5]

Arabidopsis é bastante similar ao xénero Boechera.

Remove ads

Lista de especies e subespecies

  • Arabidopsis arenicola (Richardson ex Hook.) Al-Shehbaz, Elven, D.F. Murray & S.I. Warwick (Groenlandia, Labrador, Nunavut, Québec, Ontario, Manitoba, Saskatchewan).
  • Arabidopsis arenosa (L.) Lawalrée
    • A. arenosa subsp. arenosa (Europa: nativa en Austria, Belarús, Bosnia-Herzegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, nordés de Francia, Alemaña, Hungría, norte de Italia, Letonia, Lituania, Macedonia, Polonia, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia, Suíza e Ucraína; naturalizada en Bélxica, Dinamarca, Estonia, Finlandia, os Países Baixos, Noruega, Rusia e oeste de Siberia e Suecia; ausente en Albania, Grecia, centro e sur de Italia e Turquía).
    • A. arenosa subsp. borbasii (leste de Bélxica, Repúblic Checa, noroeste de Francia, Alemaña, Hungría, Polonia, Romanía, Eslovaquia, Suíza, Ucraína, e presenza dubidosa en Dinamarca).
  • Arabidopsis cebennensis (DC.) (sueste de Francia).
  • Arabidopsis croatica (Schott) (Bosnia, Croacia).
  • Arabidopsis halleri (L.).
    • A. halleri subsp. halleri (Austria, Croacia, República Checa, Alemaña, norte e centro de Italia, Polonia, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia, Suíza e sur de Ucraína. Probablemente introducida no norte de Francia e extinta en Bélxica).
    • A. halleri subsp. ovirensis (Wulfen) (Albania, Austria, nordés de Italia, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia, suroeste de Ucraína, antiga Iugoslavia)
    • A. halleri subsp. gemmifera (Matsumura) (leste distante ruso, noroeste da China, Corea, Xapón e Taiwan).
  • Arabidopsis lyrata (L.) O'Kane & Al-Shehbaz.
    • A. lyrata subsp. lyrata (noroeste da Rusia europea, Alasca, Canadá (Ontario e ao oeste ata a Columbia Británica), e no sueste e centro dos Estados Unidos (de Vermont ao sur ata Xeorxia e Mississippi cara ao norte ata Missouri e Minnesota)).
    • A. lyrata subsp. petraea (Linnaeus) O'Kane & Al-Shehbaz (Austria, República Checa, Inglaterra, Alemaña, Hungría, Islandia, Irlanda, norte de Italia, Noruega, Rusia (noroeste de Rusia, Siberia e leste distante), Escocia, Suecia, Ucraína, América do Norte boreal (Alasca e Yukón). Aparentemente extinta en Polonia).
    • A. lyrata subsp. kamchatica (Fischer ex D.C.) O'Kane & Al-Shehbaz (Alasca boreal, Canadá (Yukón, distrito de Mackenzie, Columbia Británica, norte de Saskatchewan), illas Aleutianas, leste de Siberia, o leste distante ruso, Corea, norte da China, Xapón e Taiwan).
  • Arabidopsis neglecta (Schult.) (Cárpatos (Polonia, Romanía, Eslovaquia e zonas adxacentes de Ucraína)).
  • Arabidopsis pedemontana (Boiss.) (noroeste de Italia e probablemente extinta na zona adxacente do suroeste de Suíza).
  • Arabidopsis suecica (Fries) Norrlin (Fennoscandinavia e a rexión Báltica).
  • Arabidopsis thaliana (L.) Heynh. (área nativa case toda Europa ata Asia central, agora naturalizada por todo o mundo).

Especies reclasificadas

As seguintes especies, que antes estaban incluídas dentro de Arabidopsis, actualmente non se consideran parte deste xénero:

  • A. bactrianaDielsiocharis bactriana
  • A. brevicaulisCrucihimalaya himalaica
  • A. bursifoliaBeringia bursifolia
  • A. campestrisCrucihimalaya wallichii
  • A. dentataMurbeckiella pinnatifida
  • A. drassiana
  • A. erysimoidesErysimum hedgeanum
  • A. eseptataOlimarabidopsis umbrosa
  • A. gamosepalaNeotorularia gamosepala
  • A. glaucaThellungiella salsuginea
  • A. griffithianaOlimarabidopsis pumila
  • A. himalaicaCrucihimalaya himalaica
  • A. huetiiMurbeckiella huetii
  • A. kneuckeriCrucihimalaya kneuckeri
  • A. korshinskyiOlimarabidopsis cabulica
  • A. lasiocarpaCrucihimalaya lasiocarpa
  • A. minutifloraIanhedgea minutiflora
  • A. mollisBeringia bursifolia
  • A. mollissimaCrucihimalaya mollissima
  • A. monachorumCrucihimalaya lasiocarpa
  • A. mongolicaCrucihimalaya mongolica
  • A. multicaulisArabis tibetica
  • A. novae-anglicaeNeotorularia humilis
  • A. nudaDrabopsis nuda
  • A. ovczinnikoviiCrucihimalaya mollissima
  • A. parvulaThellungiella parvula
  • A. pinnatifidaMurbeckiella pinnatifida
  • A. pumilaOlimarabidopsis pumila
  • A. qiranicaSisymbriopsis mollipila
  • A. richardsoniiNeotorularia humilis
  • A. russelianaCrucihimalaya wallichii
  • A. salsugineumEutrema salsugineum
  • A. sarbalicaCrucihimalaya wallichii
  • A. schimperiRobeschia schimperi
  • A. stenocarpaBeringia bursifolia
  • A. stewartianaOlimarabidopsis pumila]]
  • A. strictaCrucihimalaya stricta]]
  • A. taraxacifoliaCrucihimalaya wallichii
  • A. tenuisiliquaArabis tenuisiliqua
  • A. tibeticaCrucihimalaya himalaica
  • A. tibeticaArabis tibetica
  • A. toxophyllaPseudoarabidopsis toxophylla
  • A. trichocarpaNeotorularia humilis
  • A. trichopodaBeringia bursifolia
  • A. tschuktschorumBeringia bursifolia
  • A. tuemurnicaNeotorularia humilis
  • A. vernaDrabopsis nuda
  • A. virgataBeringia bursifolia
  • A. wallichiiCrucihimalaya wallichii
  • A. yadungensis
Remove ads

Citoxenética

A análise citoxenética mostrou que o número haploide de cromosomas (n) varía entre as especies do xénero e dentro dunha mesma especie:[6]

A. thaliana é n=5[7] e a secuenciación do ADN desta especie completouse en 2001. A. lyrata ten n=8, pero algunhas subespecies ou poboacións son tetraploides.[8] Varias subspecies de A. arenosa teñen n=8, pero poden ser 2n (diploides) ou 4n (tetraploides).[9] A. suecica é n=13 (5+8) e é unha especie anfidiploide orixinada por hibridación entre A. thaliana e a A. arenosa diploide.[10]

A. neglecta é n=8, como tamén o son varias subespecies de A. halleri.[9]

En 2005, A. cebennensis, A. croatica e A. pedemontana non foran aínda investigadas citoloxicamente.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads