Arameos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Arameos
Remove ads

Os arameos son un pobo semítico nómade testemuñado desde o século XIV a.C. nos arquivos de Tell el-Amarna e despois nos de Ugarit, que se instalou no século XIII a.C. no norte de Mesopotamia, en Siria (Aram) e no Líbano. Aparecen na Biblia, onde se di que descendían de Aram, fillo de Sem.

Datos rápidos Instancia de, Parte de ...
Thumb
Bandeira dos arameos.

Os arameos aparecen como tribos nómades, deambulando nas marxes do mundo cultivado e as estepas, onde poden atopar pastos para os seus rabaños de ovellas. Non poden internárense moito no deserto, pois só teñen ao burro como animal de carga.

A súa orixe xeográfica, como a dos seus devanceiros amorritas, non pode ser definida: a hipótese antiga, que supuña para o conxunto dos semitas, unha orixe en Armenia ou en Pamir, están hoxe abandonadas. A que fai de Arabia o seu fogar orixinario non pode ser mantida para unha época onde as tribos non posuían nin o cabalo nin o camelo. Mellor que unha orixe xeográfica é preferíbel buscarmos un modo de vida común, baseado no nomadismo (pastoreo e comercio). As tribos formaríanse espontaneamente dentro dun sistema económico propio da bacía siro-mesopotámica. A transformación descrita na Biblia do modo de vida do clan de Abraham, que abandona Ur, en Caldea onde vivía, ao que parece, como cidadán, para buscar mediante o nomadismo unha nova terra que ha atopar en Palestina tras un paso por Harrán, podería explicar unha realidade parella.

Entre os séculos XI e IX a.C. foron penetrando en Siria, no curso medio e inferior do Éufrates, polo medio do Tigris e en dirección a Babilonia. Constitúense tamén pequenos estados: Bet-Adini, Lage, Bet-Bahiani (Tell-Halaf), Bet-Halupe ou Bet-Agusi en Mesopotamia e Soba, Bet Rejob, Maaká, Guesur, Samal ou Damasco en Siria.

A finais do Segundo Milenio estes arameos coaligábanse cos ammonitas e edomitas da Mesopotamia contra Israel. Foron vencidos por David e tamén por Salomón, que non puido, porén, someter a Damasco. Nela, o rei Rezón fundou o Imperio de Damasco. Desde o século IX até o VII a.C. a casa real de Damasco, máis forte, enfrontouse novamente a Israel e a Asiria. Porén, no Imperio neobabilónico, os arameos e o resto da poboación acabaron fusionándose.

Os arameos ignoraban a escrita e só os coñecemos por medio dos pobos aos que se enfrontaron, como os asirios.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads