Arando
froito da arandeira From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O arando ou uva de monte[1] é o froito das arandeiras, plantas do xénero Vaccinium. É unha baga pequena de cor negra azulada ou vermella nalgunhas especies (arando vermello). Tradicionalmente non foi un froito cultivado comercialmente a grande escala, adoitaba apañarse das arandeiras bravas para ser consumido en fresco ou ben para confeitaría, para preparar zumes, marmeladas ou dar cor aos viños, sobre todo en Escandinavia e Polonia. Hoxe en día o seu consumo está a medrar polo que van sendo comúns as plantacións profesionais de arandeiras. Ás veces recibe o nome culto de mirtilo.

Utilízase tamén como planta medicinal, de maneira que o arando conservado en augardente emprégase para aliviar as dores de estómago.
En Galiza consumíase no pasado especialmente nas montañas de Lugo e Ourense, onde medran as arandeiras da especie Vaccinium myrtillus[2]. Hoxe en día comeza a se popularizar o seu consumo coma froito do bosque polo seu sabor e as súas propiedades saudábeis.
Remove ads
O arando na cultura popular galega
As arandeiras abundan nas provincias de Lugo e Ourense. Os primeiros dicionarios etnográficos de galegos falan delas, e do costume dos aldeáns de comer as bagas. Martín Sarmiento escribía: É unha planta fortiña que medra un pé e ten as follas recortadas e da figura da folla do buxo. No remate bota uns baguiños negros que comen os rapaces pastores etc. Na mariña non hai esa planta. A uva de oso ('gayuba'- "Arctostaphylos uva-ursi"); ou vén ser unha planta rastreira, como especie de arando, mais que ten os bagos encarnados e as follas máis grandes e semellantes ás do érbedo. É evidente que no Seixo hai arandos e para min é certo que onde hai arandos hai uvas de oso, polo común.[3]
Ditos
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads