Arena Fonte Nova
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Complexo Esportivo Cultural Octávio Mangabeira (nome oficial)[1] ou Itaipava Arena Fonte Nova (por cuestións de dereitos de nome, sendo o nome non oficial, aínda que coñecido popularmente como Arena Fonte Nova ou simplemente Fonte Nova)[2][3] é un estadio de fútbol localizado en Salvador de Baía, Brasil, no mesmo lugar do antigo Estádio Octávio Mangabeira.[4] Utilizando o mesmo modelo de xestión multiuso do Amsterdam Arena, un dos maiores centros de lecer do mundo e estadio local do AFC Ajax, o proxecto colocará a Baía no circuíto do entretemento mundial.
O estadio ten capacidade para 50.000 persoas (55.000 durante a Copa do Mundo de 2014) repartidas en tres niveis de bancadas con asentos cubertos, camarotes, restaurante panorámico con vistas cara ao estadio e cara ao Dique do Tororó, e preto de dúas mil prazas de estacionamento. A súa estrutura conta tamén con sala de prensa, quioscos, elevadores, sanitarios, museo, tendas e un centro de negocios que funciona independentemente dos partidos. Alén de partidas de fútbol, a Arena Fonte Nova permitirá a realización doutros eventos como shows musicais de artistas de renome nacional e internacional, congresos e encontros de negocios.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

