Arenys de Munt

concello da provincia de Barcelona From Wikipedia, the free encyclopedia

Arenys de Muntmap
Remove ads

Arenys de Munt é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Maresme. O centro urbano atópase a 4 km de Arenys de Mar, 10 km de Mataró e 45 km de Barcelona.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Historia

Desde o seu nacemento como parroquia no século IX, Arenys de Munt foi Sant Martí d'Arenys.

Xeografía

Está situado na zona interior da comarca, limitando co Vallès Oriental. Mostra un relevo moi accidentado debido á presenza das serras do Montnegre e do Corredor. A Riera d'Arenys ou Sobirans é o eixo vertebrador e da carácter ao pobo; as rieres de Sant Pol i de Caldetes tamén pasan polo municipio.

A flora que predomina son os piñeiros, castiñeiros e aciñeiras.

Demografía

Conta cunha poboación de 9 278 habitantes (INE 2022).

Gráfica de evolución demográfica de Arenys de Munt[1] entre 1842 e 2021
     Poboación de dereito segundo os censos de poboación do INE.     Poboación de feito segundo os censos de poboación do INE.

Economía

A agricultura tradicional do municipio é a viña, pero sobre todo o cultivo de cerdeiras (variedade en Roca) e das fresas do Maresme. As industrias máis importantes son a téxtil (especializada na produción de toallas) e a dedicada aos licores. Os luns ten lugar o mercado semanal.

Lugares de interese

  • Can Borrell, masía do século XVI.
  • Igrexa de Sant Martí d'Arenys, século XVI.
  • Ruínas da Ermida de Sant Miquel.
  • Colexio San Martín, obra posmodernista de Enrique Catá.
  • Pla de les Bruixes, lugar con restos megalíticos.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads