Argimiro Marnotes Fernández
político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Argimiro Marnotes Fernández, nado no Carballiño en 1966,[1] é un político galego do PPdeG.
Remove ads
Traxectoria
Fillo de Argimiro Marnotes Rodríguez, que tamén foi alcalde do Carballiño, estudou Arquitectura Técnica na Universidade da Coruña. Dende 2003 foi concelleiro do PPdeG no Carballiño. En 2007 presentouse como candidato á Alcaldía, logrando cinco escanos. En 2009 foi elixido presidente do Consello de Administración de Xestur Ourense. Nas municipais de 2011 obtivo 9 concelleiros e a maioría absoluta, accedendo así á alcaldía. Nas municipais de 2015 baixou a 6 concelleiros, polo que perdeu a alcaldía.
En xullo de 2020 converteuse no novo presidente do Arenteiro.[2] Na súa primeira tempada á fronte do club, conseguiu o ascenso á nova Segunda División RFEF,[3] e deixou a acta de concelleiro para centrarse no fútbol.[4]
Predecesor: Carlos Alberto Montes Marqués |
![]() Alcalde do Carballiño 2011 - 2015 |
Sucesor: Francisco Fumega Piñeiro |
En febreiro de 2024 concorreu nas listas do PPdeG ao Parlamento de Galicia. Non saíu elixido inmediatamente, mais trala renuncia de Elena Rivo a mediados de abril daquel ano, converteuse en novo deputado[5].
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads