Ariba

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Ariba é unha empresa estadounidense de software e servizos tecnolóxicos. A súa sede sitúase en Sunnyvale, California, e o ano da súa fundación foi o 1996. O ano 2012 foi adquirida pola empresa alemá de software SAP AG por 4,3 billóns de dólares americanos.

Datos rápidos Instancia de, Forma xurídica ...
Remove ads

Orixes

Ariba foi fundada no 1996 por Bobby Lent, Boris Putanec, Paul Touw, Rob Desantis, Ed Kinsey, Paul Hegarty e Keith Krach coa idea de usar Internet para permitir e facilitar ás empresas ó proceso de compra de subministracións e servizos. Tradicionalemente este proceso de compra (ou Procurement na terminoloxía inglesa) tíñase baseado no papel, sendo unha labor moi custosa en canto a man de obra e ineficiente en canto a consecución de bos resultados financeiros e de calidade. Os principais competidores de Ariba neste campo son Tungsten Network, GEP, Basware and iPayables. De acordo a propia web da empresa, Ariba proporciona solucións para o control do gasto; que axuda ás empresas a analizar, entender e dirixir os seus procesos de gasto para acadar redución de custos e mellorar a eficiencia do proceso de negocio da compra. Actualmente, 94 das 100 compañías da revista Fortune e outras 200.000 empresas máis empregan os produtos software coma servizo (SaaS) de Ariba, para dirixir os seus procesos de gasto e actividades comerciais.[1]

Remove ads

Adquisicións pasadas e competidores

O 17 de decembro de 1999, Ariba anunciou a compra de da compañía de Atlanta, TRADEX Technologies Inc. TRADEX era o líder dos primeiros softwares empregados no campo do Digital Marketplace ou, Mercado dixital. Outras adquisicións foron, no 2001 Agile Software, no 2004 FreeMarkets, no 2007 a empresa Procuri, que permitiu a Ariba mellorar a súa rede de clientes e os seus servizos on-demand, no 2010 Quadrem e no 2011 b-process, unha empresa de capital francés e líder europeo no eido da facturación electrónica.

Os competidores de Ariba son Taulia, Wax Digital, GEP, PROACTIS, SAP, Bravosolution, In-tend Ltd, MultiQuote, Oracle, Procurify, Zycus, Rosslyn Analytics, Ivalua, Tradeshift, Coupa, SciQuest, e Emptoris.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads