Armada Española

rama marítima das Forzas Armadas Españolas From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A Armada Española é a rama marítima das Forzas Armadas Españolas.[1] Está considerada a sétima máis poderosa do mundo,[2][3] superada pola norteamericana, rusa, británica, francesa, xaponesa e pola italiana. As súas bases principais están en Rota, Ferrol e Cartagena, e a academia xeral de oficiais é a Escola Naval Militar de Marín.

Datos rápidos Instancia de, Parte de ...

A patroa da Armada Española é a Virxe do Carme, protectora e gardiá da xente do mar, que é denominada Stella Maris (estrela dos mares). A Armada celebra a súa festa o 16 de xullo.

Remove ads

As orixes

A Armada Española nace da unión das mariñas de Castela e da Aragón. A mariña da Coroa de Aragón, constituída principalmente por naves catalás, é unha mariña de ámbito mediterráneo e prefire como buque de combate a galera e os seus derivados, mentres que a mariña castelá, atlántica, prefire buques sen remos, con só propulsión eólica. Esta unión prodúcese en tempos dos Reis Católicos[Cómpre referencia]. A súa primeira expedición prodúcese en Italia ao mando de Gonzalo Fernández de Córdoba, chamado Gran Capitán, e nela participan as galeras de Sicilia xunto coas naves cantábricas. Foi á súa primeira operación de guerra.

Nestes primeiros tempos a mariña de guerra española, do mesmo xeito que nos demais países europeos (agás Venecia), non estaba formada por barcos pertencentes ao Estado e especialmente feitos para a guerra. Debido aos corsarios e ás inseguridades da navegación, todos os barcos levaban canóns e armas. Cando eran requiridos polo rei para a guerra, cambiaban as cargas comerciais por cargas militares, e os seus armadores e tripulantes pasaban a ser pagados pola Coroa. Ademais dos buques mercantes militarizados, tamén había particulares que armaban pequenas frotas de combate, dedicándose á pirataría ata que o rei solicitaba os seus servizos.

O rei nomeaba os mandos das escuadras así formadas, nas que embarcaban as súas tropas. O combate naval da época difería pouco do terrestre, xa que se buscaba a abordaxe e o combate corpo a corpo, e facíase relativamente pouco uso da artillaría. Nesa época a Armada Española perde interese nas galeras (aínda que logo as recuperará) en beneficio de naos, carracas e carabelas. A finais do reinado dos Reis católicos, só quedaban catro galeras na costa de Granada para apoiar as demais naves no verán.

Remove ads

Himno[4]

Soplen serenas las brisas
ruja amenazas la ola,
mi gallardía española
se corona de sonrisas.
Por ti, Patria, por ti sola
mi vida a los mares di,
por ti al peligro ofrecí
mis obras y pensamientos
¡en la Rosa de los Vientos
me crucifico por ti!
Por tu sagrada presencia
que nada turba ni empaña,
tiene sus horas la hazaña
y sus horas la obediencia.
El imperio a España vendrá
por los caminos del mar.
Hay que morir o triunfar,
que nos enseña la Historia
en Lepanto la victoria
y la muerte en Trafalgar.
Soñando victorias, diciendo cantares,
marinos de España crucemos los mares,
delante, la gloria, la leyenda en pos,
debajo las voces de nuestros caídos,
y arriba el mandato de España y de Dios.
De España y de Dios, de España y de Dios.
Remove ads

Empregos na Armada Española

Os empregos de Oficiais na Armada Española son os da seguinte táboa:

Máis información CódigoOTAN, OF-10 ...

Os empregos de Suboficiais e Mariñaría na Armada Española son os da seguinte táboa.

Máis información CódigoOTAN, OR-09 ...

Buques en activo

Máis información Tipo, Nome ...
Remove ads

Forzas aéreas

Aeronaves

Máis información Modelo, Fabricante ...
Remove ads

Fitos da Armada Española

  • A Armada Española é herdeira das mariñas de Castela e Aragón, e nas orixes cos mariños cántabros, vén sendo unha das máis antigas do mundo.[Cómpre referencia]
  • A primeira en ter regulamentos e normas para cada buque de guerra que daban unidade ao funcionamento da frota.[Cómpre referencia]
  • A que fixo posible cruzar o Atlántico e descubrir América en 1492.[Cómpre referencia]
  • A creadora do concepto moderno de convoi naval (Frota de Indias), no século XVI.[Cómpre referencia]
  • A primeira en circunnavegar a Terra: Expedición de Magalhães-Elcano (1519-1522).[Cómpre referencia]
  • A descubridora da ruta transpacífica entre Asia e América: Tornaviaxe de Andrés de Urdaneta en 1565 e o establecemento do Galeón de Manila.[Cómpre referencia]
  • A creadora da primeira ruta comercial de escala mundial (entre Cádiz, Acapulco e Manila): A Frota de Indias no Atlántico, e o Galeón de Manila no Pacífico.[Cómpre referencia]
  • A creadora e a primeira en utilizar a infantaría de mariña (1537).[Cómpre referencia]
  • A primeira en utilizar fragatas, a finais do século XVI durante a guerra dos Oitenta Anos.[Cómpre referencia]
  • A creadora e primeira en utilizar a lancha canoneira (Antonio Barceló en 1779)[Cómpre referencia]
  • Primeira en organizar unha misión sanitaria internacional, Real Expedición Filantrópica da Vacina (1803-1806).[Cómpre referencia]
  • Primeira volta ao mundo por parte dun navío blindado levada a cabo pola fragata blindada Numancia (1865-1867).[Cómpre referencia]
  • A primeira en contar cun destrutor en servizo (1887). O Destrutor, que deu nome a toda unha saga, foi deseñado polo oficial naval español Fernando Villaamil en 1885.[Cómpre referencia]
  • A primeira en dispoñer dun submarino torpedeiro inventado por Isaac Peral en 1888 (submarino Peral).[Cómpre referencia]
  • Creadora do concepto moderno de desembarco anfibio (con carros de combate e un mando unificado para as forzas navais, terrestres e aéreas) posto en práctica no desembarco de Alhucemas, resultando un éxito absoluto e poñendo fin á guerra do Rif (1925).[Cómpre referencia]
  • A primeira armada do mundo en utilizar avións de engalaxe vertical, en concreto o Harrier AV-8A «Matador» no portaavións, neste caso no Dédalo (R-01) (ex-USS Cabot). Esta práctica se estendeu despois a outros países: Estados Unidos, Rusia, Reino Unido, Italia, India e Tailandia.[Cómpre referencia]
Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads