Lockheed Martin

From Wikipedia, the free encyclopedia

Lockheed Martinmap
Remove ads

Lockheed Martin Corporation é unha corporación estadounidense aeroespacial, de armas, defensa, seguridade da información e tecnoloxía con intereses en todo o mundo. Formouse pola fusión de Lockheed Corporation con Martin Marietta en marzo de 1995. A súa sede atópase en North Bethesda, Maryland, na área de Washington, D.C. Lockheed Martin tiña ao redor de 115 000 empregados en todo o mundo, incluídos uns 60 000 enxeñeiros e científicos en xaneiro de 2022.[1]

Datos rápidos Instancia de, Parte de ...

Lockheed Martin é unha das compañías máis grandes na industria aeroespacial, de apoio militar, seguridade, e tecnoloxía. Foi o contratista de defensa máis grande do mundo por ingresos no ano fiscal 2014.[2] En 2013 o 78% dos ingresos de Lockheed Martin foron por vendas militares;[3] encabezou a lista de contratistas do goberno federal estadounidense e recibiu preto do 10% dos fondos pagados polo Pentágono.[4] En 2009 os contratos do goberno dos Estados Unidos representaron 38 400 millóns de dólares (85%), os contratos de gobernos estranxeiros 5 800 millóns (13%), e outros contratos 900 millóns (2%).[5]

A metade das vendas anuais da corporación son para o Departamento de Defensa dos Estados Unidos. Lockheed Martin tamén é contratista do Departamento de Enerxía estadounidense e da NASA.[6]

Lockheed Martin opera en catro segmentos de negocio: aeronáutica, mísiles e control de fogo, sistemas rotativos e de misión, e espazo.[7] A compañía recibiu o Trofeo Collier seis veces, incluído en 2001 por ser parte do desenvolvemento do LiftFan Propulsion System do X-35/F-35B[8][9][10] e recentemente en 2018 polo Automatic Ground Collision Avoidance System (Auto-GCAS). Lockheed Martin atópase no presente desenvolvendo o F-35 Lightning II e lidera a cadea de subministración internacional, lidera o equipo para o desenvolvemento e implementación de solucións tecnolóxicas para o novo Space Fence da USAF (o substituto do AFSSS),[11] e é o principal contratista no desenvolvemento do módulo de mando Orion.[12] A compañía tamén ten inversións en sistemas de saúde, sistemas de enerxía renovable, distribución de enerxía intelixente, e fusión nuclear compacta.[13]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads