Armatimonadetes

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Armatimonadetes é un novo filo de bacterias, que era antes coñecido co nome de filo candidato OP10. O filo OP10 estaba composto só por secuencias clonadas de xenes de ARNr 16S de mostras ambientais, pero posteriormente foron descritas formalmente tres cepas para a súa validación como especies, e déuselle nome ao filo.

Máis información Clasificación científica ...

As tres especies que comprende este filo son:

  • Armatimonas rosea, cepa YO-36T, unha bacteria aerobia quimioheterótrofa, illada do rizoplano do xunco Phragmites australis que vivía nun lago do Xapón. A súa temperatura óptima é de 30-35 °C e forma colonias rosas.[1]
  • Chthonomonas calidirosea, cepa T49(T), bacteria non formadora de esporas aerobia, sacarolítica, termófila obrigada (óptimo a 60 °C) e motil, que foi illada dun chan quentado xeotermicamente en Hell's Gate, Tikitere, Nova Zelandia.[2] Ten un pH óptimo de 5,3, e forma colonias rosas.
  • Fimbriimonas ginsengisoli, bacilo mesófilo, con temperatura óptima de 30 °C, sen mobilidade, que forma colonias cor marfil.
Remove ads

Filoxenia

A taxonomía aceptada actualmente deste filo está baseada na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN) [3] e no National Center for Biotechnology Information (NCBI)[4] e a filoxenia está baseada no ARNr 16S LTP 115 de The All-Species Living Tree Project [5] Armatimonadetes estaría relacionado con Elusimicrobia.

Fimbriimonas ginsengisoli Im et al. 2012

Armatimonas rosea Tamaki et al. 2011

Chthonomonas calidirosea Lee et al. 2011

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads