Arnett Moultrie

baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Arnett Moultrie
Remove ads

Arnett Nathaniel Moultrie, nado o 18 de novembro de 1990 en Queens, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Instituto

Na tempada coma júnior no Raleigh-Egypt High School, Moultrie fixo 15 puntos, 8 rebotes e 2 tapóns por partido. Na súa tempada sénior, acadou 15 puntos, 8 rebotes e 4 tapóns por encontro.[1]

Traxectoria universitaria

Freshman

Na súa primeira tempada en UTEP, Moultrie fixo 8.8 puntos e 8.2 rebotes por partido, e foi incluído no All-Freshman Team da conferencia USA. No College Basketball Invitational, Moultrie aumentou os seus números ata 13.2 puntos e 8.7 rebotes por partido, pero non puido evitar a derrota de UTEP na rolda final contra Oregon State.[1]

Sophomore

Na súa tempada sophomore en UTEP, acadou 9.8 puntos e 6.7 rebotes por partido. No Torneo Conference-USA, fixo 12.0 puntos por encontro e gañouse un posto no mellor quinteto do torneo.[1]

Júnior

Moultrie foi forzado a non xogar durante unha tempada tras trasladarse á Universidade de Mississippi State. Na súa primeira tempada xogando para Mississippi State, Moultrie acadou 16.4 puntos e 10.5 rebotes por partido.[2] Foi ademais incluído no equipo All-SEC.[3] O 28 de marzo de 2012, Moultrie decidiu declararse elixible para o Draft da NBA de 2012.[4]

Remove ads

Traxectoria profesional

Moultrie foi elixido na 27ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Miami Heat. Despois foi traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio de Justin Hamilton e unha futura elección de primeira rolda do Draft.[5]

O 27 de outubro de 2014, foi traspasado ós New York Knicks a cambio de Travis Outlaw e unha futura elección do Draft. Tras a súa adquisición, Moultrie foi cortado polos Knicks.[6]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads