Arnold Sommerfeld
físico alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Arnold Sommerfeld , nado en Königsberg o 5 de decembro de 1868 e finado en Múnic o 26 de abril de 1951, foi un físico alemán que introduciu a constante da estrutura fina en 1919.[1] Ademais das súas achegas como científico nos campos da física atómica e da física cuántica, é salientable o seu labor como docente, sendo director de teses de doutoramento de numerosos futuros gañadores do premio Nobel tanto en física como en química.[2]
Remove ads
Traxectoria
Arnold Sommerfield naceu en Königsberg, onde estudou matemáticas. En 1891 cambiouse á Universidade de Gotinga, universidade na que obtivo unha cátedra en 1896. Dende 1897 exerceu como profesor da universidade Clausthal-Zellerfeld, e en 1900 como profesor de enxeñaría técnica na universidade de Aquisgrán, onde desenvolveu a súa teoría da lubricación hidrodinámica.[3]
O primeiro traballo de Sommerfeld baixo a supervisión de Klein foi un impresionante artigo sobre a teoría matemática da difracción, que incluía unha importante parte teórica sobre as ecuacións diferenciais. Outros traballos importantes trataron sobre o estudo da propagación das ondas electromagnéticas en cables e sobre o estudo do campo producido por un electrón en movemento.[2]
En 1921 visitou Madrid, e sendo sabedor dos descubrimentos de Miguel Catalán, interesouse por coñecelo persoalmente. Na primeira entrevista, Catalán non tivo ningún reparo en facerlle entrega dunha copia do seu traballo sobre o manganeso, antes de publicalo.[4]
En 1927 Sommerfield aplicou as estatísticas de Fermi-Dirac ao modelo de Drude dos electróns nos metais. A nova teoría resolvía moitos dos problemas, predicindo as propiedades térmicas dos metais.
Entre os seus alumnos de doutoramento figuraron destacados científicos, como Peter Debye (en 1908), Paul Ewald (en 1912), Wolfgang Pauli (en 1921), Werner Heisenberg (en 1923), ou Hans Bethe (en 1928). En total, supervisou preto de trinta teses de doutoramento durante os seus anos na Universidade de Múnic.<[2]
Sommerfeld morreu en 1951 en Múnic por mor das feridas dun accidente de tráfico mentres paseaba co seu neto.[5]
Remove ads
Eponimia
Ademais dos distintos conceptos científicos que levan o seu nome, bautizáronse na súa memoria o cráter lunar Sommerfeld[6] e o asteroide (32809) Sommerfeld.[7]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads