Arquitecto, arquitecta
persoa que proxecta, deseña e dirixe a construción de espazos, edificios e estruturas From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Unha arquitecta ou un arquitecto[1] é unha persoa que planifica, proxecta e supervisa a construción de edificios.[2] Practicar a arquitectura implica prestar servizos relacionados co deseño de edificios e o espazo dentro do recinto que rodea os edificios que teñen como finalidade principal a ocupación ou o uso humano.[3] Etimoloxicamente, o termo arquitecto deriva do latín architectus,[4] que deriva do grego[5] (ἀρχι arkhi, xefe + τέκτων téktōn, construtor), é dicir, xefe de obras.[6]
Os requisitos profesionais dos arquitectos varían dun lugar a outro. As decisións dun arquitecto afectan a seguridade pública e, polo tanto, o arquitecto debe someterse a unha formación especializada consistente en estudos avanzados[7] e a experiencia práctica para obter unha licenza para exercer a profesión.
Remove ads
Orixe
Ao longo da historia antiga e medieval, a maioría dos deseños e construcións arquitectónicas foron realizados por artesáns, como canteiros e carpinteiros, que ascenderon ao papel de mestres de obras. Ata os tempos modernos, non había unha distinción clara entre arquitecto e enxeñeiro. En Europa, os títulos de arquitecto e enxeñeiro eran principalmente variacións xeográficas que se referían á mesma persoa, moitas veces usadas indistintamente.[8][9]
Suxírese que varios desenvolvementos en tecnoloxía e matemáticas permitiron o desenvolvemento do arquitecto profesional, separado do artesán práctico. O papel non se empregou en Europa para debuxar ata o século XV, mais despois de 1500 cada vez estaba máis dispoñible. Os lapis usáronse para debuxar contra 1600. A dispoñibilidade de papel e lapis permitiu que os profesionais fixesen debuxos previos á construción.[10] Ao mesmo tempo, a introdución da perspectiva linear e innovacións como o uso de diferentes proxeccións para describir un edificio tridimensional en dúas dimensións, xunto cunha maior comprensión da precisión dimensional, axudaron os deseñadores de edificios a expresar as súas ideas.[10] Non obstante, o desenvolvemento foi gradual e lento. Ata o século XVIII, os edificios continuaron sendo deseñados e montados por artesáns, con excepción dos proxectos de alto status.[10][11]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads