Art Déco

movemento artístico iniciado en Francia nos anos 1920 From Wikipedia, the free encyclopedia

Art Déco
Remove ads

A Art Déco foi un movemento de deseño popular a partir de 1920 ata 1939 (cuxa influencia espallouse ata a década de 1950 nalgúns países), afectando ás artes decorativas tales coma a arquitectura, deseño interior, e deseño gráfico e industrial, tamén ás artes visuais tales como a moda, pintura, gravado, escultura e cinematografía.

Datos rápidos Datas e cronoloxía, Características ...
Thumb
Coroamento art déco do Edificio Chrysler en Nova York, construído en 1928–1930.
Thumb
Edificio Sanchón do arquitecto Francisco Castro Represas, na Rúa Policarpo Sanz de Vigo.
Thumb
Concello de Buffalo en Nova York, peza mestra da Art Déco americana.
Thumb
Escaleiras en estilo art déco do Burkbank City Hall.
Thumb
Concello de Asheville, exemplo de arquitectura art déco.

Logo da Exposición Universal de 1900 de París, varios artistas franceses (como Hector Guimard, Eugène Grasset, Raoul Lachenal, Paul Follot, Maurice Dufrene e Emile Decour) formaron un colectivo formal adicado ás artes decorativas de vangarda. En 1925 organizan a Exposition Internationale des Arts Décoratifs et Industriels Modernes en París, estes artistas chamáronse a si mesmos os modernos. En realidade, o termo Art Déco foi acuñado na retrospectiva titulada "Les Annés 25" levada a cabo en París no Musée des Arts Décoratifs do 3 de marzo ao 16 de maio de 1966.[1]

Remove ads

Morfoloxía e tecnoloxía

Este movemento é, nun sentido, unha mestura de moitos estilos e movementos diversos dos comezos do século XX, e ao contrario da Art Nouveau inspírase nas Primeiras Vangardas. As influencias proveñen do construtivismo, cubismo, futurismo, da propia Art Nouveau da que evoluciona, e tamén do estilo racionalista da escola Bauhaus. Os progresivos descubrimentos arqueolóxicos no Antigo Exipto marcaron así mesmo o seu selo en certas liñas duras e a solidez das formas da Art Decó, afín á monumentalidade e elementos de forte presenza nas súas composicións.

Como estilo da idade da máquina, empregou as innovacións dos tempos para as súas formas: as liñas aerodinámicas produto da aviación moderna, iluminación eléctrica, a radio, o revestimento mariño e os rañaceos. Estas influencias do deseño foron expresadas en formas fraccionadas, cristalinas, con presenza de bloques cubistas ou rectángulos e o uso da simetría. A cor nútrese das experiencias do Fauvismo. Trapezoides, facetamentos, zigzags; e unha importante xeometrización das formas son comúns ao Déco.

Correspondendo ás súas influencias maquinistas, a Art Déco caracterízase tamén polos materiais que prefire e usa, tales como aluminio, aceiro inoxidable, laca, madeira embutida, pel de quenlla (shagreen), e pel de cebra. O uso de tipografía en letra grosa, sans-serif ou pau seco, o facetado e a liña recta ou crebada ou greca (oposto ás curvas sinuosas e naturalistas da Art Nouveau), os patróns do galón (chevrón), e o adorno en forma de sunburst son típicos da Art Déco. Certos patróns de ornamento víronse en aplicacións ben disímiles, dende deseño de zapatos para señoras, a grellas de radiadores, deseño de interiores para teatros, e rañaceos como o Chrysler Building.

Remove ads

Socioloxía

O Déco acadou o seu apoxeo nos anos 1920. Aínda que moitos movementos do deseño teñan raíces ou intencións políticas ou filosóficas, a Art Déco era case puramente decorativo, polo que se considerou un estilo burgués. Malia o eclecticismo das súas influencias formais e estilísticas, a Art Déco é sólida e posúe unha clara identidade de seu. Non se trata dun historicismo nin dun anacronismo; é fiel á súa época e deixa entrever a noción futurista da Revolución Industrial. A súa significación vira en torno ao progreso, o ordenamento, a cidade e o urbano, a maquinaria. Elegante, funcional, e modernista, a Art Déco foi un avance fronte á Art Nouveau, esta vez, exitoso en xerar un novo repertorio de formas acordes coa problemática e imaxinería do seu tempo.

A Art Déco era un estilo opulento, e a súa esaxeración atribúese a unha reacción contra a austeridade forzada, produto da primeira guerra mundial. En simultáneo a unha crecente depresión económica e á pantasma do achegamento da segunda guerra mundial, había un desexo intenso polo escapismo. A xente gozou dos praceres da vida e da Art Déco durante a 'idade do jazz'.

Remove ads

Decadencia

O movemento perde patrocinio nas metrópoles europeas e americanas moito despois de acadar unha introdución masiva; no intre de ser empregado para representar falsas pretensións de luxo. Finalmente, o estilo cae en decadencia, dadas as austeridades impostas pola segunda guerra mundial.

En países coloniais ou periféricos tales como a India, Nova Zelandia, Cuba, Colombia, a Arxentina, México, Ecuador e as Filipinas, converteuse nunha porta de entrada ao Modernismo e continuou sendo empregado ben ata os anos 1950. Na América Latina pódense atopar durante este período varios expoñentes da art déco, como José Fioravanti na Arxentina.

Un rexurdimento do interese na Déco veu dende as exploracións do deseño gráfico nos anos 1980. A súa asociación co "filme noir" en cinematografía e o encanto do glamour dos anos 1930 propiciou o seu reemprego a finais da década de 1930 en pezas publicitarias para xoiería e o mundo da moda e na decoración de hoteis como o Hotel Fairmont da Cidade de México.

Cine

A estética Art Decó influíu nas artes cinematográficas de comezos do século XX. Un exemplo diso é o filme Metropolis de 1927 de Fritz Lang, o cal conta con rechamantes escenografías, inspiradas na chamada Escola de Chicago de arquitectura para as tomas da cidade, ademais dos decorados da cidade subterránea, o robot (personaxe na película, que é unha metáfora da mecanización da humanidade) é considerado como unha das imaxes máis recoñecibles da Art Decó.

Remove ads

Destacados

Pintores

  • Beltrán Massés.
  • Alexandra Ekster.
  • Vadim Meller.
  • Jean Dunan.
  • Tamara de Lempicka.
  • Pierre Legrain.
  • Francois Jourdan.
  • Maurice Ascalon.
  • Eileen Gray.
  • Lewis Sue.
  • Paul Jirbe.
  • Robert Mallet-Stevens.
  • Santiago Martínez Delgado.
  • Rene Prou.
  • André Mare.
  • José Fioravanti.
  • Armand Albert Rateau.
  • Jacques Emile Ruhlmann.
  • Jean Puiforcat.
  • Jean Marie Mouron (Cassandre).

Arquitectos

Remove ads

Galería de imaxes

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads