Metropolis

From Wikipedia, the free encyclopedia

Metropolis
Remove ads

Metropolis é un filme mudo de ciencia ficción de Fritz Lang, rodada en Alemaña en 1927. Está considerada como a máis sobranceira representante do expresionismo no eido cinematográfico. Producido nos Babelsberg Studios por UFA, trátase dunha longametraxe de ciencia ficción cuxa trama se desenvolve nunha distopía urbana futurista. É considerado o pioneiro dos filmes de ciencia ficción, sendo a primeira longametraxe deste xénero.[1] Ademais, é un dos máximos expoñentes do expresionismo alemán nas artes cinematográficas.

Datos rápidos Tipo, Movemento ...

O guión foi escrito por Fritz Lang e a súa muller Thea von Harbou, inspirándose nunha novela de 1926 da propia Von Harbou. Protagonizárono Brigitte Helm, Gustav Fröhlich, Alfred Abel e Rudolf Klein-Rogge.

Metropolis é un dοs poucos filmes considerados Memoria do Mundo pola Unesco (outros son os filmes documentais dos irmáns Lumière, Los olvidados, dirixida por Luis Buñuel de 1950 e The Wizard of Oz de Victor Fleming de 1939). Foi o primeiro en posuír esta categoría, amparado na vívida encarnación de toda a sociedade, e na profundidade do seu contido humano e social.

Feito en Alemaña durante a República de Weimar, Metropolis segue os intentos de Freder, o fillo do gobernante da cidade, e Maria, cuxo pasado non é explicado no filme, por superar o abismo que os separa nunha sociedade clasista. Metropolis foi rodada en 1925, e tivo un custo aproximado de 5 millóns de Reichsmarks.[2] Así, foi o filme máis caro daquela época.[3]

Remove ads

Sinopse

Nunha megalópole do ano 2026, os obreiros viven recluídos nun gueto subterráneo, onde se atopa o corazón industrial da cidade e do que non poden saír. Pero, incitados por un robot, rebélanse contra a clase intelectual que ten o poder e ameazan con destruír a cidade exterior. Freder (Gustav Fröhlich), o fillo do soberano de Metropolis, e María, unha rapaza de orixe humilde, intentarán evitar a destrución apelando ós sentimentos e ó amor.

Remove ads

Personaxes

Thumb
Cartel dunha proxección de Metropolis no Brasil en 1930.
Thumb
Réplica do robot Maria.
  • Alfred Abel como Joh Fredersen, o líder da cidade.
  • Gustav Fröhlich como Freder, fillo de Fredersen, quen trata de mediar entre a elite e os traballadores.
  • Brigitte Helm como Maria.
  • Rudolf Klein-Rogge como C. A. Rotwang, un científico tolo.
  • Heinrich George como Grot.
  • Fritz Rasp como "Der Schmale" ("The Thin Man").
  • Theodor Loos como Josaphat.
  • Erwin Biswanger como 11811 - Georgy, o traballador con quen Freder troca os papeis.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads