Arturo Salgado
avogado e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Arturo Salgado Biempica, nado en Lobeira o 6 de xullo de 1882 e finado en Segovia o 16 de abril de 1937, foi un avogado e político galego.
Remove ads
Traxectoria
Era o fillo máis novo de Constantino Salgado Monasterio. Desde 1901 dedicouse a traballos mercantís e ao xornalismo fundando o semanario Ecos de Orense. Foi un dos impulsores do Círculo Católico de Obreros de Orense e fundador do Monte de Piedad y Caja de Ahorros de Orense. Foi presidente do Comité maurista de Ourense. Na ditadura de Primo de Rivera foi vicepresidente da Deputación de Ourense, gobernador civil de Murcia (1924-1927), xefe provincial da Unión Patriótica de Ourense e delegado rexio para a represión do contrabando. Representante das organizacións provinciais da Unión Patriótica de Ourense na Asemblea Nacional Consultiva en 1927. Amigo e colaborador de José Calvo Sotelo (do que chegou a ser secretario particular), foi nomeado por este subdirector de CAMPSA en 1928. Durante a Segunda República seguiu colaborando con Calvo Sotelo e foi secretario do Bloque Nacional. Finou en Segovia o 16 de abril de 1937.[1]
Remove ads
Vida persoal
Casou con Rosina Lamas, filla de Valentín Lamas Carvajal.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads