Emilio Amor Rolán
avogado, xornalista e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Emilio Amor Rolán, nado en Ourense e finado na mesma cidade o 19 de maio de 1937[1], foi un avogado, xornalista e político galego.
Remove ads
Traxectoria

Estudou dereito, pero non exerceu. Foi catedrático de Escolas Normais, e logo de dar clase na Coruña e León dirixiu a Escola Normal de Ourense. Na ditadura de Primo de Rivera foi deputado provincial e Gobernador civil de Huesca (1924-1927) e Murcia (1927-1929). O 6 de setembro de 1924 recibiu unha homenaxe en Maside.
Colaborou en Heraldo Orensano e en Galicia. Diario de la mañana, onde en 1930 publicou o artigo "¿Hacia la unificación de la ortografía gallega?", comentando a proposta ao respecto de Antonio Couceiro Freijomil. Fixo o epílogo do libro Del Orense antiguo de José Adrio Menéndez (1935).
Remove ads
Vida persoal

Fillo de Juan Manuel Amor Pereira. Casou con Obdulia Vázquez García, de Maside.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads