Arunachal Pradesh
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Arunachal Pradesh é un dos 29 estados da India e é o máis setentrional do país. Arunachal Pradesh limita cos estados indios de Assam e Nagaland polo sur, e comparte fronteira internacional con Bután polo oeste, con Myanmar polo leste e está separado da China polo norte pola disputada liña McMahon. Itanagar é a capital do estado.
Unha gran parte do estado é reclamada pola República Popular da China, que se refiren a el como "Tíbet do sur". Unha gran parte do estado foi temporalmente ocupada polas forzas chinesas durante a guerra de 1962.[1]
Terra do sol nacente é o alcume do estado en sánscrito;[2] e tamén é coñecido como o Estado Orquídea da India ou o Paraíso dos Botánicos.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads