As Portelas
subcomarca non oficial da comarca de Seabra da provincia de Zamora From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As Portelas, Entre As Portelas[1] ou Alta Seabra (Alta Senabria en leonés e Alta Sanabria en castelán) é unha rexión ou subcomarca non oficial da comarca de Seabra, ao noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León, que testa con Galicia e con Portugal, e na que historicamente se fala o galego, aínda que legalmente non está recoñecido como oficial. O xentilicio é «portelao/á»[2]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: As Portelas.
Comprende os concellos de Porto, Lubián, Pías e Hermisende. Ademais, no lugar de Calabor, pertencente ao municipio de Pedralba de la Pradería, tamén se fala o galego. As Portelas, xunto co Bierzo occidental na provincia de León e a Terra Eo-Navia en Asturias, conforma o territorio da Galicia estremeira.
En 2020, a área galegofalante da provincia de Zamora tiña 858 habitantes repartidos da seguinte maneira:
- concello de Porto - 156 hab. (1 no mapa)
- concello de Lubián - 304 hab. (2 no mapa)
- concello de Pías - 111 hab. (3 no mapa)
- concello de Hermisende - 221 hab. (4 no mapa)
- lugar de Calabor - 66 hab. (5 no mapa), no concello de Pedralba de la Pradería.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads