Organización das Nacións Unidas

organización internacional From Wikipedia, the free encyclopedia

Organización das Nacións Unidasmap
Remove ads

A Organización das Nacións Unidas (ONU) é un organismo intergobernamental mundial cuxo principal obxectivo e promover a cooperación internacional. Foi fundada oficialmente o 24 de outubro de 1945 en San Francisco, California, finalizada a segunda guerra mundial.

Datos rápidos Instancia de, Parte de ...

A primeira Asemblea Xeral celebrouse o 10 de xaneiro de 1946 (celebrada en Central Hall Westminter, Londres). A sede actual está na cidade de Nova York.

A precursora das Nacións Unidas foi a Sociedade de Nacións (tamén coñecida como "Liga das Nacións"), organización concibida en circunstancias similares durante a primeira guerra mundial e estabelecida en 1919, en conformidade co Tratado de Versalles, "para promover a cooperación internacional e conseguir a paz e a seguridade". Todos os países soberanos internacionalmente recoñecidos son membros, excepto o Vaticano, en calidade de observador, e Taiwán (un caso especial, recoñecida por poucos países). Dende o 14 de xullo de 2011 a ONU ten 193 Estados Membros. O seu secretario xeral é António Guterres dende o 1 de xaneiro de 2017.

Un dos feitos máis destacábeis da ONU é a proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en 1948.

Remove ads

Antecedentes e historia

Thumb
Sede da Organización das Nacións Unidas en Nova York.

A idea das Nacións Unidas foi elaborada na declaración, asinada durante a segunda guerra mundial, na conferencia de Aliados celebrada en Moscova en 1943. O daquela presidente dos Estados Unidos de América, Franklin Delano Roossevelt, suxeriu o nome de "Nacións Unidas". O 25 de abril de 1945 celebrouse a primeira conferencia en San Francisco. Á parte dos gobernos, foron convidadas organizacións non gobernamentais. As 50 nacións representadas na conferencia asinaron a Carta das Nacións Unidas dous meses máis tarde o 26 de xuño; Polonia, que non estivera representada na conferencia, engadiu o seu nome máis tarde.

A ONU comeza a súa existencia o 24 de outubro de 1945, despois de ter sido ratificada a Carta polos entón cinco membros permanentes do Consello de Seguridade (República Popular da China, Francia, A Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas, o Reino Unido e os Estados Unidos de América) e pola gran maioría dos outros 46 membros.

Actualmente os 5 Membros Permanentes do Consello de Seguridade son os únicos que teñen veto nas decisións. Estes son os Estados Unidos de América, a Federación Rusa, Francia, o Reino Unido e a República Popular da China.

Os fundadores da ONU tiñan grandes esperanzas de poderen actuar para previren novas guerras. Aqueles desexos non se conseguiron en moitos casos. Desde 1947 ata 1989 (Caída do Muro de Berlín) a división do mundo en zonas hostís durante a chamada Guerra fría tornou este obxectivo moi difícil de acadar debido ao sistema de veto do Consello de Seguridade.

Países fundadores

Arabia Saudita, Arxentina, Australia, Bélxica, Belarús, Bolivia, Brasil, Canadá, Checoslovaquia, Chile, China, Colombia, Costa Rica, Cuba, Dinamarca, Ecuador, Etiopía, Estados Unidos de América, Exipto, Filipinas, Francia, Grecia, Guatemala, Haití, Honduras, a India, Irán, Iraq, Iugoslavia, Líbano, Liberia, Luxemburgo, México, Nicaragua, Noruega, Nova Zelandia, os Países Baixos, Panamá, Paraguai, o Perú, Polonia, o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, a República Dominicana, a Federación de Rusia, O Salvador, República Árabe Siria, Suráfrica, Turquía, Ucraína, Uruguai e Venezuela.

Remove ads

Estrutura

Órganos

O sistema das Nacións Unidas baséase en cinco órganos principais: a Asemblea Xeral, o Consello de Seguridade, o Consello Económico e Social (ECOSOC), o Secretariado e o Tribunal Internacional de Xustiza[1]. O sexto órgano principal, o Consello de Tutela, suspendeu a súa actividade en 1994 trala independencia de Palau, o último territorio baixo tutela das Nacións Unidas[2].

Catro dos cinco órganos principais atópanse localizados na sede das Nacións Unidas de Nova York[3]. O Tribunal Internacional de Xustiza localízase na Haia, mentres que outras axencias importantes teñen a súa sede en Xenebra, Suíza[4], en Viena[5] e en Nairobi[6]. Outras institucións das Nacións Unidas están repartidas por todo o mundo. A ONU utiliza 6 linguas oficiais: árabe, chinés, español, francés, inglés e ruso[7][8]. Case todas as reunións oficiais son interpretadas simultaneamente para estas linguas. Case todos os documentos oficiais, en soporte de papel e en liña, son traducidos para estes seis idiomas. Nalgunhas dependencias, como na Secretaría, as conferencias e mailos documentos de traballo son só en francés e inglés ou en español, francés e inglés e as publicacións realízanse nestes dous ou tres idiomas. De acordo coa Convención de Privilexios e Inmunidades das Nacións Unidas, a ONU e as súas axencias teñen inmunidade diplomática ás leis dos países onde operan, salvagardando a imparcialidade das Nacións Unidas[9].

Por debaixo dos órganos e segundo as palabras da autora Linda Fasulo, existe "unha incríbel colección de entidades e organizacións, algunhas das cales son mesmo anteriores á propia ONU e que actúan case con absoluta independencia dela"[10]. Entre elas inclúense axencias especializadas, institucións de investigación e formación, programas e fondos e outras entidades das Nacións Unidas[11].

As Nacións Unidas ríxense polo Principio Noblemaire, que é vinculante para calquera organización pertencente ao seu sistema. Este principio estabelece salarios que permitan atraer cidadáns de países onde os salarios sexan moi altos, ao tempo que esixe salarios do mesmo valor independentemente da nacionalidade do empregado[12][13]. Estes soldos están suxeitos a un imposto interno que é administrado polas organizacións da ONU[12][14][15].

Órganos principais das Nacións Unidas[16]
Remove ads

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads