Asociación Católica de Propagandistas

organización española From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A Asociación Católica de Propagandistas (ACdP) é unha organización española de segrares católicos cuxo modo de perseguir o ideal relixioso é a propagación da fe católica e o apostolado, formando e instando a minorías selectas destinadas a dirixir a vida pública da sociedade e a acción social e política dos católicos, entre os que exercen un papel aglutinante.

Datos rápidos Instancia de, Forma xurídica ...
Remove ads

Historia e características

A asociación foi fundada en 1909 polo sacerdote xesuíta Ángel Ayala.[1] Foi consolidada por Ángel Herrera Oria nos anos vinte

Segunda república e Guerra civil

Durante a Segunda república, foi quen aglutinou o pensamento político católico e fomentou a creación da CEDA.[1] Durante a Guerra civil, na zona republicana, os seus locais foron saqueados e moitos dos seus socios foron perseguidos e reprimidos.[1]

Influencias no franquismo

Durante o réxime do Xeneral Franco, nos primeiros anos, algúns dos seus socios foron culpados de actuar con ambigüidade durante a República e de non apoiar claramente os ideais falanxistas deses anos.[2] Malia todo, axiña comezou a colaboración co novo réxime e, no segundo goberno de Franco, en agosto do 1939, varios socios entraron no goberno como José Larraz (en Facenda), José Ibáñez Martín (en Educación), e Pedro Gamero del Castillo (Ministro sen carteira).[3]

Posteriormente, os propagandistas constituíron unha das familias máis influentes do panorama español, especialmente na década dos anos 40 trala sinatura do acordo de 1941, entre o Vaticano e o estado franquista[4] e a derrota das Potencias do Eixe na Segunda guerra mundial que provocaron o desprazamento dos sectores da Falanxe Española en beneficio do nacional-catolicismo representado polos propagandistas, ata a aparición dos tecnócratas do Opus Dei.

No réxime franquista, os propagandistas, participaron amplamente nas estruturas do Ministerio de Xustiza[5] pero máis importante foi a súa influencia ocupándose dos ámbitos relacionados coa educación co xa citado Ibáñez Martín, quen foi minstro durante doce anos e que promocionou a outros propagandistas no ministerio e no CSIC, cando este foi creado en 1939.[5]

Tralo Concilio Vaticano II, algúns propagandistas, como Joaquín Ruiz-Giménez convertéronse en opositores ao réxime, en tanto que outros, integrados no grupo Tácito, premeron a prol da reforma do réxime. Moitos propagandistas tiveron un papel moi influente durante a Transición, chegando un deles, Leopoldo Calvo-Sotelo á presidencia do Goberno.

Remove ads

Proxectos

Da ACdeP xurdiron varios proxectos:

  • A Editorial Católica.
  • A Confederación Nacional de Estudantes Católicos.
  • A primeira escola de Periodismo de España, vinculada ao diario El Debate.
  • Os xornais Ya, Hoy de Badaxoz e o Ideal de Granada.
  • O Instituto Social Obreiro.
  • A Biblioteca de Autores Cristianos.
  • O Instituto Social León XIII.
  • Cáritas Española.
  • A Asociación Pío XII de agricultores.
  • A Escola de Cidadanía Cristiá da Igrexa.
  • Os congresos e xornadas Católicos e Vida Pública.
  • O Colexio Maior Universitario San Pablo de Madrid, que é a principal obra da ACdP na actualidade.

Fundación Universitaria San Pablo CEU

Thumb
Universidade San Pablo CEU.

A Fundación Universitaria San Pablo CEU, da que dependen as universidades San Pablo de Madrid, Cardenal Herrera de Valencia e a Abat Oliba de Barcelona. Así coma cinco colexios de primaria e secundaria en Madrid, Valencia, Barcelona, Alacant e Murcia. Tamén conta con diferentes centros de posgraduado, unha escola de maxisterio e dúas escolas de negocios.

Da Fundación San Pablo Andalucía, fundada polos propagandistas andaluces depende a Universidade Fernando III cuxa propiedade está compartida coa Provincia de bética da Compañía de Xesús.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads