Asplenium billotii

especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia

Asplenium billotii
Remove ads

Asplenium billotii é unha especie de fento da familia das aspleniáceas.

Thumb
Vista da planta.

Máis información Clasificación científica ...

Descrición

Alcanzan os seus frondes até 35 cm, aínda que de ordinario son duns 20 cm. A súa cor é verde brillante e xorden en grupos densos dunha especie de raíz horizontal (rizoma). O seu pecíolo, marrón na súa parte inferior e brillante, é algo máis curto que o resto da fronde, que aparece dividida por dúas veces, en senllas series de pequenas follas menores, dentadas. Reprodúcense mediante esporas, que crecen e maduran en grupos (soros), que adquiren unha cor marrón, cubertos por unha lámina (indusio) protectora, no dorso das frondes e son liberadas (esporulación) cara ao inverno.[1]Hemicriptófito.

Remove ads

Distribución e hábitat

Esténdese pola conca mediterránea, as illas de Macaronesia e a franxa occidental de Europa.[2] Aparece disperso baixo as rochas, en lugares frescos de rochedos e bosques, en sitios umbrosos xeralmente silíceos.

Taxonomía

Asplenium billotii foi descrita por Friedrich Wilhelm Schultz e publicada en Flora 28: 738. 1845[3]

Etimoloxía

Ver: Asplenium

billotii: epíteto outorgado en honra do botánico francés Paul Constant Billot (1796-1863).

Citoloxía

Número de cromosomas de Asplenium billotii (Fam. Aspleniaceae) e taxóns infraespecíficos: n=72.[4][5]

Sinonimia
  • Asplenium cuneatum F.W. Schultz
  • Asplenium fontanum var. lanceolatum Fiori
  • Asplenium lanceolatum Huds.
  • Asplenium obovatum auct.
  • Trichomanes lanceolatum Bubani[5]
  • Athyrium lanceolatum (C.Presl) Heufl. [1856, Verh. K. K. Zool.-Bot. Ges. Wien, 6 : 345]
  • Asplenium rotundatum Kaulf. [1830, Flora, 13 : 374][6]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads