Douradiña
especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A douradiña ou fento pequeniño (Ceterach officinarum ou Asplenium ceterach) é unha especie de fento pertencente á familia Aspleniaceae. Aparece en Galiza.
Remove ads
Descrición
Trátase dunha planta cun rizoma groso e curto, do que xorden unhas frondes en fascículos mestos, que posúen unha lámina pinnada, verdosa, glabra pola face superior, cun indumento prateado polo envés; ditas pinnas son alternas, ovadas. O pecíolo é menor en lonxitude có limbo. Os seus soros, carentes de indusio, son lineares. 2n=144.
Distribución e hábitat
Trátase dunha especie propia de Europa occidental e central, incluíndo a rexión mediterránea deica Asia, na súa zona temperada. O seu hábitat preferente consiste en fendas das rochas, especialmente sobre substratos calcarios.
Propiedades
Posúa aplicacións en medicina popular como diurético. Principios activos: Describiuse a presenza de taninos, ácidos orgánicos e mucilaxes.[1]
Indicacións: Uso popular coma: diurético, colerético, hipotensor, hipoviscosizante, tónico xeral e antitusivo. Indicado para estados nos que cómpre un aumento da diurese: afeccións xenitourinarias (cistite, ureterite, uretrite, oliguria, urolitíase), hiperazotemia, hiperuricemia, gota, hipertensión arterial, edemas, exceso de peso acompañado de retención de líquidos. Prevención da arteriosclerose; disquinesias biliares. Bronquite, gripe, arrefriados.[1] Úsanse as partes aéreas. Apáñase de maio até agosto. Infusión: 1 cullerada por cunca; dous ou tres cuncas por día, despois das comidas.[1]
Taxonomía

Asplenium ceterach foi descrita por Mary Tindale e publicado en Contributions from the New South Wales National Herbarium 3(3): 247 1963.[2]
O nome científico do xénero Asplenium fai referencia ao uso terapéutico que se daba a estas plantas durante a Idade Media para sandar doenzas ligadas co bazo (exceso de bile negra). Así, Asplenium sería unha adaptación ao latín do grego "splen" (bazo). ceterach: epíteto
Número de cromosomas de Ceterach officinarum (Fam. Aspleniaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=144[3]
- Ceterach officinarum subsp. officinarum Willd.
- Ceterach officinarum Willd.
- Ceterach vulgare var. crenatum Samp.
- Ceterach vulgare Druce[4]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads