Cistite

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cistite
Remove ads

A cistite[1] (do grego κύστη, "quisti", e "-itis", "inflamación da vexiga") é unha inflamación, case sempre unha infección bacteriana de Escherichia coli ou Staphylococcus saprophyticus, da vexiga urinaria. A condición afecta con máis frecuencia as mulleres, pero pode afectar ambos os sexos e de todas as idades. Pódese complicar como infección de uréteres e riles ou entrada na corrente sanguínea. Tamén se pode referir a inflamacións causadas por menciñas, radioterapia, secundaria a outras doenzas ou por potenciais irritantes, tales como produtos de hixiene, espermicidas ou o uso dun catéter por longos períodos.[2]

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...
Remove ads

Síntomas

  • Presión na parte inferior da pelve.
  • Dor ó ouriñar (disuria).
  • Micción frecuente (polaquiuria), ou necesidade urxente de ouriñar (urxencia urinaria).
  • Necesidade de ouriñar durante a noite (nicturia, semellante ó cancro de próstata ou HBP).
  • Cor ou aspecto anormal dos ouriños (terbola), semellante a unha infección urinaria.
  • Sangue nos ouriños (hematuria) (semellante ó cancro de vexiga).
  • Cheiro forte ou desagradable dos ouriños.
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads