Astacideos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos astacideos (Astacidea) é unha infraorde de crustáceos da orde dos decápodos, que foi descrita en 1802 polo entomólogo francés Pierre André Latreille na súa obra en tres volumes Histoire naturelle, générale et particulière des Crustacés et des Insectes. Ouvrage faisant suite à l'histoire naturelle générale et particulière, composée par Leclerc de Buffon, et rédigée par C. S. Sonnini, membre de plusieurs Sociétés savantes.[1]
Comprende, entre outras especies, os cangrexos de río, os lumbrigantes e as cigalas, así como numerosos taxons fósiles.[2]
En 2009 este grupo comprendía 782 especies recoñecidas, unhas 400 das cales corresponden á familia dos cambáridos.[2]
Os membros da infraorde dos Glypheidea (que comprende numerosos fósiles e tan só dúas especies viventes, Neoglyphea inopinata e Laurentaeglyphea neocaledonica) estiveron antigamente incluídos nesta.[3]
Remove ads
Descrición
Os membros da infraorde dos astacideos distínguense de moityos outros decápodos pola presenza de quelas (pinzas) en cada un dos tres primeiros pares de pereiópodos (patas marchadoras), o primeiro dos cales es moito máis grande que os outros dous pares.[3] Os restantes dous pares de pereiópodos son simples (sen pìnzas), excepto en Thaumastocheles, no que o quinto pereiópodo ten "unha pinza diminuta".[4]
Remove ads
Distribución
Os astacideos encóntranse en todo o mundo, tanto nos océanos como en auga doce, excepto no continente africano e en partes de Asia.[5]
Clasificación
Segundo o WoRMS, a infraorde os astacoideos comprende as tres superfamilias seguintes:[1]
Infraorde Astacidea Latreille, 1802
- Astacoidea Latreille, 1802
- Enoplometopoidea Saint Laurent, 1988
- Nephropoidea Dana, 1852
Porén, o ITIS divide o infraorde en cinco superfamilias, coas familias que se relacionan seguidamente:[6]
Infraorde Astacidea Latreille, 1802
- Superfamilia Astacoidea Latreille, 1802 [7]
- Familia Astacidae Latreille, 1802
- Familia Cambaridae Hobbs, 1942
- Superfamilia Enoplometopoidea Saint Laurent, 1988 [8]
- Familia Enoplometopidae Saint Laurent, 1988
- Superfamilia Glypheoidea Winkler, 1883 [9]
- Familia Glypheidae Winkler, 1883
- Superfamilia Nephropoidea Dana, 1852 [10]
- Familia Nephropidae Dana, 1852
- Familia Thaumastochelidae Bate, 1888
- Superfamilia Parastacoidea Huxley, 1879 [11]
- Familia Parastacidae Huxley, 1879
Galería
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads