Nefrópidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos nefrópidos (Nephropidae) é unha familia de crustáceos malacostráceos da orde dos decápodos, e infraorde dos astacideos, mariños, moitas de cuxas especies son moi apreciadas en gastronomía. Habitan en fondos oceánicos de boa parte do mundo.
Dentro desta familia están a cigala (Nephrops norvegicus), o lumbrigante (Homarus gammarus) e o lumbrigante americano (Homarus americanus).
Cómpre non confundilos coas lagostas, que pertencen á familia dos palinúridos.
Remove ads
Hábitat
Os nefrópidos viven en fondos rochosos, areosos ou lamacentos desde a liña costeira até máis alá da plataforma continental. Xeralmente viven de forma solitaria en fendeduras ou tobos debaixo das rochas ou escavadas na area.
As condicións ambientais do hábitat onde viven poden variar dun océano a outro, pero a temperatura ambiente non presenta grandes flutuacións dado que habitan nunha inmensa masa de auga, que é o océano.
Remove ads
Características
Son crustáceos de corpo de forma tubular, cuxa casca ten un rostro ben desenvolvido.
Os tres primeiros pares de patas terminan en pinzas (quelas). As pinzas do primeiro par son moito máis grandes que as dos outros.
As antenas son cilíndricas e moito máis longas que o corpo.
No rostro destacan dous ollos protuberantes protexidos por senllas proxeccións espiñentas.
Teñen que pasar uns 5 anos desde o seu estado larval até que alcanzan o tamaño legal para o seu consumo.
Son depredadores e preeiros que se alimentan de moluscos e materia en descomposición doutros animais. Porén, tamén poden comer peixes, e escavar para encontrar ameixas e outros bivalvos, e así mesmo poden alimentarse de algas e os pequenos peixes que viven nelas.
Remove ads
Clasificación
A familia foi descrita en 1852 polo naturalista estadounidense James Dwight Dana.[1][2][3]
Segundo o ITIS, na actualidade recoñécense na familia as seguintes subfamilias cos seguintes xéneros actualmente viventes:
Familia Nephropidae Dana, 1852
- Subfamilia Neophoberinae Glaessner, 1969 [4]
- Acanthacaris Bate, 1888
- Subfamilia Nephropinae Dana, 1852 [5]
- Eunephrops Smith, 1885
- Homarinus Kornfield, Williams & Steneck, 1995
- Homarus Weber, 1795
- Metanephrops Jenkins, 1972
- Nephrops Leach, 1814
- Thymopides Burukovsky & Averin, 1977
- Subfamilia Thymopinae Holthuis, 1974 [6]
- Nephropides Manning, 1969
- Nephropsis Wood-Mason, 1873
- Thymops Holthuis, 1974
- Thymopsis Holthuis, 1974
Galería
- Acanthocaris tenuimana
- Homarinus capensis
- Homarus americanus
- Metanephrops japonicus
- Nephropsis rosea
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads