Aston Martin DBS V12

From Wikipedia, the free encyclopedia

Aston Martin DBS V12
Remove ads

O Aston Martin DBS V12 é un superdeportivo de altas prestacións deseñado e fabricado por Aston Martin. Dende o intre en que este modelo se presentou, pasou a ser unha icona da marca británica e moitos entendidos do mundo do motor afirman que aínda segue a ser a imaxe de Aston Martin. Malia ser oficialmente presentado no Pebble Beach Concours d'Elegance de 2007, este modelo Aston xa se dera a coñecer no ano 2006 no filme 007 Casino Royale.[1] Cando saíu á venda no 2008, a versión cupé de cambio manual tiña un prezo de 276 837 €, mentres que o modelo con cambio automático custaba 282 124 €. O coche construíase na fábrica de Gaydon (Inglaterra) e o motor na planta de Colonia (Alemaña). Ademais da versión cupé, tamén se creou a versión Volante (convertible) que roldaba os 295 000 €.[2]

Datos rápidos Marca, Fabricante ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads