Atlanta Falcons

equipo profesional estadounidense de fútbol americano From Wikipedia, the free encyclopedia

Atlanta Falcons
Remove ads

Os Atlanta Falcons son un equipo profesional estadounidense de fútbol americano con sede en Atlanta, Xeorxia. Os Falcons compiten na National Football League (NFL) como club membro da División Sur da National Football Conference (NFC). A franquía uniuse á NFL en 1965[1] como equipo de expansión despois de que a liga lle ofrecese un equipo a Rankin Smith para evitar que este se unise á entón competición rival: a American Football League (AFL). En troques, a AFL garatira unha franquía a Miami (os Miami Dolphins). Os Falcons están empatados cos Dolphins (tamén fundados en 1966) como franquía segunda franquía máis antiga do Deep South estadounidense, ambas despois dos Dallas Cowboys.

Datos rápidos Afiliacións de Liga/Conferencia, Cores ...

Durante toda a súa historia, os Falcons conseguiron gañar o título da súa división en seis ocasións: 1980, 1998, 2004, 2010, 2012 e 2016. Coa súa vitoria ante os Green Bay Packers en 2017, os Falcons gañaron o seu segundo título de conferencia, aínda que perderon na Super Bowl ante os New England Patriots. A súa primeira participación no partido final data da temporada 1998, ano no que perderon na edición XXXIII ante os Denver Broncos 34–19. O equipo xogou os seus partidos como local entre 1992 e 2016 no Georgia Dome, estadio situado no centro da cidade. A partir de 2017 os Falcons xogarán no Mercedes-Benz Stadium, recinto con capacidade para 71.000 espectadores.

Remove ads

Historia

Thumb
Matt Ryan.

O fútbol profesional chegou a Atlanta en 1962, cando a American Football League (AFL) organizou na cidade dous partidos de pretemporada. O primeiro deles enfrontaba aos Denver Broncos contra os Houston Oilers, mentres que segundo aos Dallas Texans contra os Oakland Raiders. Dous anos máis despois, a AFL volveu celebrar outro amigábel, esta vez entre New York Jets e os San Diego Chargers. En 1965, despois da construción do Atlanta-Fulton County Stadium, a cidade de Atlanta sentía que era o momento de posuír un equipo de fútbol profesional. Un grupo independente que participara activamente nas promocións de exhibición da NFL en Atlanta, solicitou franquías tanto no AFL como na NFL, actuando completamente pola súa conta sen a garantía dos dereitos do estadio. Por outra banda, outro grupo informou que depositara diñeiro por un equipo na AFL.

Con todo o mundo pulando en diferentes direccións, algúns empresarios locais chegaron a un acordo e conseguiron unha franquía da AFL o 7 de xuño de 1965. Con todo, tras saber nova, o comisionado da NFL Pete Rozelle, que estivera en contacto cos empresarios de Atlanta, dirixiuse á cidade para bloquear a pretensión da liga rival. Debido ao interese de ambas competición en posuír un equipo na capital do estado de Xeorxia, obrigouse á cidade a escoller entre as dúas ligas. Tras uns días de deliveración, 30 de xuño escolleron a Rankin Smith e a NFL. En canto ao nome da franquía, o equipo recibiu o seu alcume grazas a Julia Elliott, unha mestra de escola de Griffin, así como moitas outras persoas. Elliot escribiu: "o falcón é orgulloso e digno, con gran coraxe e loita. Nunca deixa caer a súa presa. É mortal e ten unha gran tradición deportiva".

Tras a súa fundación o equipo non tivo grande éxito a nivel deportivo, de feito, até 1993, o equipo tan só xogara un total de seis partidos de playoff. Con todo, coa chegada a Atlanta de Dan Reeves en 1997, o equipo conseguiría un dos seus mellores resultados na historia. Reeves chega aos Falcons para substituír a June Jones. Xa na súa primeira temporada consegue mellorar cun balance de 7-9 o resultado do ano anterior, cando só gañaran tres encontro. Ao ano seguinte, o equipo supérase e os Falcons terminan a temporada regular cun balance de 14-2. Isto serve para clasificarse ás eliminatorias polo título, onde gañan na rolda divisional aos San Francisco 49ers por 20-18 e na final da conferencia nacional (NFC) aos Minnesota Vikings por 30-27, equipo que fora o mellor en temporada regular (15-1). Isto valeulles a clasificación á Super Bowl XXXIII, onde se tiñan que enfrontar aos vixentes campións, os Denver Broncos. Con todo, non conseguen a vitoria (34-19). Debido á súa gran temporada, Reeves foi nomeado Adestrador do Ano.

Na catro temporadas seguintes, os Falcons só se clasificaron a playoffs en 2002, onde gañaron aos Green Bay Packers na Rolda Wildcard (27-7), para despois perder fronte os Philadelphia Eagles (20-6). Entre 2008 e 2014, da man de Mike Smith o equipo chega a xogar en cinco partidos de playoff, aínda que conseguindo unha soa vitoria. En 2015, tras o período de Smith chegan a Atlanta Dan Quinn como novo adestrador e Kyle Shanahan como coordinador ofensivo Kyle Shanahan. Os resultados non se fan agardar e, en 2016, da man de xogadores como Matt Ryan ou Julio Jones o equipo chega de novo á Super Bowl. Polo camiño eliminaron os Seattle Seahawks (20-36) e aos Green Bay Packers (21-44). Na gran final enfrontáronse aos New England Patriots de Bill Belichick e Tom Brady, perdendo finalmente por 28−34 despois de ir gañando 28-3 a falta de 12 minutos para o final do encontro.

Remove ads

Xogadores

Cadro actual

Quarterbacks
  •  9 Michael Penix Jr.
  •  8 Matt Schaub

Running backs

  • 26 Tevin Coleman
  • 42 Patrick DiMarco FB
  • 24 Bijan Robinson
  • 28 Terron Ward

Wide receivers

  • 18 Taylor Gabriel
  • 16 Jamal Agnew
  • 11 Julio Jones
  • 19 Drake London
  • 12 Mohamed Sanu
  • 14 Khadarel Hodge

Tight ends

  • 81 Austin Hooper
  • 82 Joshua Perkins
  • 80 Levine Toilolo
Liña ofensiva
  • 65 Chris Chester G
  • 76 Tom Compton T
  • 63 Ben Garland C
  • 67 Andy Levitre G
  • 51 Alex Mack C
  • 70 Jake Matthews T
  • 73 Ryan Schraeder T
  • 71 Wes Schweitzer G

Liña defensiva

  • 95 Jonathan Babineaux DT
  • 99 Adrian Clayborn DE
  • 93 Dwight Freeney DE
  • 77 Ra'Shede Hageman DE
  • 94 Tyson Jackson DT
  • 97 Grady Jarrett NT
  • 78 Cliff Matthews DE
  • 50 Brooks Reed DE
  • 91 Courtney Upshaw DT
Linebackers
  • 44 Vic Beasley OLB
  • 59 De'Vondre Campbell OLB
  • 45 Deion Jones MLB
  • 53 Leonard Floyd MLB
  • 41 James Pearce Jr. OLB
  • 55 DeAngelo Malone MLB

Defensive backs

  • 23 Robert Alford CB
  • 37 Ricardo Allen FS
  • 32 Jalen Collins CB
  • 30 C. J. Goodwin CB
  • 26 Jordan Fuller SS
  • 22 Keanu Neal SS
  • 20 Sharrod Neasman FS
  • 30 A.J. Terrell CB
  • 34 Brian Poole CB
  • 27 Robenson Therezie FS
  • 21 Desmond Trufant CB

Equipos especiais

  •  5 Matt Bosher P
  •  3 Matt Bryant K
  • 47 Josh Harris LS
  • 6 Matt Wile P
Reservas
  • 87 Devin Fuller WR (IR)
  • 25 Akeem King CB (IR)
  • 74 Chris Mayes NT (IR)
  • 90 Derrick Shelby DE (IR)
  • 52 Tyler Starr OLB (IR)
  • 83 Jacob Tamme TE (IR)
  • 56 Sean Weatherspoon OLB (IR)

Equipo de adestramento

  • 61 Carter Bykowski T
  • 52 Josh Keyes LB
  • 85 J. D. McKissic WR
  • 64 Blake Muir G
  • 35 Jhurell Pressley RB
  •  4 Matt Simms QB
  • 86 D. J. Tialavea TE
  • 92 Joe Vellano DT
  • 15 Nick Williams WR

Rookies en cursiva
Roster actualizado a 23 de novembro de 2016
Depth ChartTraspasos
53 activos, 7 inactivos, 9 de adestramento

Membros do Hall of Fame

Thumb
Deion Sanders (1989–1993)

Sete persoeiros relacionados cos Atlanta Falcons foron incluídos no Pro Football Hall of Fame (do inglés: Salón da fama do fútbol americano profesional). Con todo, tan só Sanders e Humphrey foron seleccionados basicamente grazas á súa traxectoria no equipo.

Máis información Membros do Pro Football Hall of Fame dos Atlanta Falcons, Xogadores ...

Dorsais retirados

Ao longo da súa historia os Packers retiraron formalmente catro dorsais.

Máis información No., Nome ...

Ring of Honor

Thumb
Gerald Riggs (1982−1988)

A organización dos Atlanta Falcons homenaxea a algúns dos xogadores máis destacados da súa historia incluíndo o seu nome e número no Ring of Honor dos Falcons (do inglés: Anel de Honra), situado na zona intermedia das bancadas do Georgia Dome.[2]

Máis información No., Nome ...
Remove ads

Corpo técnico

Adestradores

Thumb
Dan Quinn.
Máis información #, Nome ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads