Atopia

From Wikipedia, the free encyclopedia

Atopia
Remove ads

Atopia (do grego, ἀτοπία - fóra de lugar, sen lugar, infrecuente, extraordinario), tamén coñecida coma atopía ou síndrome atópica, é o termo co que se define a predisposición a desenvolver certas alerxias mediadas por reaccións de hipersensibilidade.[1] Malia existir un compoñente xenético ou hereditario, cómpre que se estableza previamente un contacto co axente alerxénico causante de dita hipersensibilidade.[2]

Datos rápidos Subclase de, Especialidade médica ...

O concepto de atopia foi descrito por vez primeira por Coca e Cooke en 1923 para describir unha tendencia familiar para producir anticorpos da classe IgE contra alérxenos ambientais, xeralmente proteínas.[3] O termo atopia non é sinónimo de "alerxia", pois describe exclusivamente unha "predisposición". As doenzas atópicas máis representativas son a asma, a rinite alérxica (ou rino-conxuntivite), e a dermatite atópica.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads