Audi

From Wikipedia, the free encyclopedia

Audi
Remove ads

Audi AG, con sede en Ingolstadt, en Baviera (Alemaña) é un fabricante de automóbiles, que pertence o Grupo Volkswagen.

Datos rápidos Implicados, Organizacións ...
Thumb
Planta de Audi en Neckarsulm (centro)

A marca é un xogo de palabras para eludir os dereitos do nome da antiga fabricante de vehículos de motor Horch. O fundador da empresa August Horch, que foi un dos pioneiros da industria do automóbil en Alemaña, creara en 1899 "A. Horch & Cie." da cal seria expulsado por diferenzas entre el e o comité de vixilancia. Uns poucos anos máis tarde, fundou outra empresa "Horch Automobil-Werke GmbH" en Zwickau o 16 de xullo do 1909. Horch perdeu a disputa polo uso do nome, polo cal non puido volver usalo apelido para o nome da compañía, polo cal se puxo na procura dun novo nome para a compañía e encontrou unha proposta na escola de Zwickau,[1] "horch" ,significa "escoita", que levado o latín é Audi imperativo de Audire, co cal lle cambiou o nome da empresa a "Audi Automobilwerke GmbH", rexistrouna no Rexistro Mercantil como tal o día 25 de abril de 1910.

Remove ads

Historia

1909-1931: Establecemento da fábrica de coches Audi GmbH

Thumb
August Horch fundador da Audi

A historia da marca Audi comenza en novembro de 1899 despois de que August Horch (1868-1951), un dos pioneiros da industria automobilística alemá, fúndase en Ehrenfeld un distrito municipal de Colonia (Alemaña), a empresa de autos „August Horch & Cie“ , cuxo primeiro automóbil comezou a circular por vías públicas en 1901, este era un coche de dous cabalos con motor horizontal[2]. A compañía mudouse a Reichenbach in 1902, onde en 1903 construíu o primeiro automóbil alemán de catro cilindros. A empresa trasladouse a Zwickau en 1904, onde se fabricou o primeiro motor de seis cilindros. O 16 de xullo de 1909 logo dalgunhas dificultades financeiras e desavinzas internas co consello de administración, decidiu abandonar a compañía para crear unha nova fábrica de automóbiles. Así naceu a „Horch Automobil-Werke GmbH“ en Zwickau, (no estado de Saxonia)[2] Como Horch perdeu a disputa legal polo nome da compañía, que xa estaba rexistrado anteriormente, non puido volver utilizar o seu apelido e escolleu o nome "Audi", a tradución ao latín do vocábulo alemán "horch", que en galego significa "oír" ou "escoitar".[3] Por iso, en 1910, meses logo da súa fundación cambiou o nome da compañía a "Audi Automobilwerke GmbH".

De 1918 a 1931

En setembro de 1921,posiblemente en 1920, Audi foi a primeira compañía automotriz en introducir o volante con condución á esquerda, baseada nunha maior visibilidade dos vehículos e nunha maior manobrabilidade a horas de meter as marchas pois a panca quedaba á dereita. Fíxoo no seu modelo Audi K.[4] Cara a 1928 outras marcas seguirían o seu exemplo.

En agosto de 1928 o enxeñeiro danés Jørgen Skafte Rasmussen de DKW adquiriu un paquete maioritario de accións en Audi.

1932-1945: Audi e Auto Union

En 1932, ambas as compañías Horch e Audi, xunto con DKW (fundada en 1907) e Wanderer (fundada en 1885) fusionáronse para formar Auto Union AG -sendo estas a base da que máis tarde seria Audi AG- e poder facer fronte ás dificultades derivadas da Gran Depresión de 1929, que afectaba, principalmente á racionalización dos procesos de produción e ensamblaxe. O 29 de xuño de 1932, naceu o logotipo de Audi, con catro aros entrelazados, como símbolo froito da alianza das catro marcas saxoas: Audi, DKW, Horch e Wanderer.

A sede da compañía estivo ata 1936 na fábrica da DKW na cidade de Zschopau para colocarse a partir de aquí na cidade de Chemnitz -cidade na que foi rexistra a marca- no edificio da administración da compañía Presto-Werke.[5] En 1938 convértese nunha das primeiras empresas automobilísticas en facer test de choque os coches.[3]

Para evitar a competencia dentro do grupo, asignouse a cada marca un segmento específico do mercado: automóbiles de luxo do segmento medio para Audi, motocicletas e coches pequenos para DKW, vehículos de tamaño medio para Wanderer e vehículos de luxo na parte máis alta da gama para Horch.

As catro marcas fundadoras foron comercializadas baixo o paraugas de Auto Union. A marca Audi presentou o menor volume de negocios do grupo (participación nas vendas das marcas individualmente na produción total de automóbiles en 1938 en Alemaña: 17,9% DKW, Wanderer 4,4%, 1,0% Horch, Audi 0,1%).[5]

En 1941, dous anos logo de comezar a segunda guerra mundial, Auto Union AG producía exclusivamente vehículos para o uso militar polo que o seu desenvolvemento automobilístico viuse gravemente afectado.

1945-1991: da posguerra de Alemaña Oriental, a disolución de Auto Union AG

Thumb
AWZ P70 Coupe

Ao finalizar a guerra estando Auto Union AG na Zona de ocupación soviética foi dada de baixa no rexistro mercantil pois a administración da zona soviética expropiou e ordenou desmantelar todas as fábricas da empresa.

A antiga fábrica de Auto Union segue a producir automóbiles en Zwickau (nesa época pertencía á República Democrática Alemá) baixo o nome de VEB Automobilwerk Zwickau (AWZ) sacando neste tempo o VEB AWZ P70, en 1958 foi adquirida por Daimler-Benzy, que finalmente a vendeu en 1964 o Grupo Volkswagen, quen conservou o nome de Audi e o seu logo. O Trabant produciuse ata 1991 sendo este o último modelo producido pola VEB Sachsenring Zwickau.

Remove ads

Motocicletas

O 18 de abril do 2012, Audi anunciou a compra da marca italiana de motocicletas Ducati.[6] Isto servirá para crear sinerxias para a fabricación de motores máis pequenos, que consuman menos combustible e na construción lixeira.

Accionistas

A estrutura do capital social é o seguinte:

  • 99,14 % Grupo Volkswagen[7]
  • 0,40 % Porsche Automobil Holding
  • 0,46 % Free float

As accións negócianse nas bolsas de valores de Berlín, Bremen, Dusseldorf, Frankfurt, Hamburgo, Múnic e Stuttgart.

Audi: a reixa única

Thumb
A evolución da reixa de Audi no exemplo do Audi A3.

A reixa única e un aspecto especialmente chamativo do deseño da grella de todos os vehículos da Audi dende 2004.

Houbo tres épocas no deseño da grella. A reixa, así chamado o marco decorativo, tiña só o marco cromado arredor da parte superior da reixa por riba do parachoques. O presentar a segunda xeración do Audi A4 (B6) no ano 2000, apareceu a grella de dobre marco, coa parte superior así como a parte inferior do parachoques rodeados por unha tira cromada. No 2004, apareceu a reixa única.

Pouco a pouco, todos os modelos da Audi acolleron este deseño. O primeiro modelo coa reixa única foi o A8 6.0L W12, un tempo despois, foi a versión de cinco portas do Audi A3, o A3 Sportback. Co cambio de modelo do A6 foi a primeira vez que unha serie enteira levaba a nova reixa. Co tempo todos recibiron a nova reixa, o A3, o A8 e o A4 dende as versións da serie B7. O Audi TT foi o último en recibir a reixa unica. O Audi A2 non chegou a usala posto que a súa produción rematou pouco despois da introdución da reixa única.

Remove ads

Modelos e tipos

Máis información Cronoloxía dos modelos de AG dende 1950 ata hoxe ...

Segmento B

Máis información Construción, Serie ...

Segmento C

Máis información Construción, Serie ...

Segmento D

Máis información Construción, Serie ...

Segmento E

Máis información Construción, Serie ...

Segmento F

Máis información Construción, Serie ...

Descapotables

Máis información Construción, Serie ...
Remove ads

Quattro GmbH

Quattro GmbH[9] é unha empresa totalmente privada, filial de Audi AG, parte á súa vez do maior fabricante de automóbiles alemán, o conglomerado empresarial (holding) Grupo Volkswagen (Volkswagen AG - VWAG).

A súa sede atópase en Neckarsulm, preto de Stuttgart, na rexión de Baden-Württemberg. A fábrica baséase na sede do agora extinto fabricante de automóbiles alemán (e do motor rotatorio sen pistón Wankel) NSU Motorenwerke AG (NSU).Foi fundada en 1983 e desde 1996 ten a súa produción independente.

A pesar de que "Quattro GmbH" como empresa pode ser relativamente descoñecida, os seus principais produtos son susceptibles de ser moi ben coñecidos, especialmente o Audi RS4, o Audi RS6 e o Audi R8.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads