Augmented Target Docking Adapter
vehículo espacial non tripulado da misión Gemini 9 From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Augmented Target Docking Adapter, coñecido tamén polo seu acrónimo ATDA, foi un vehículo espacial non tripulado usado como obxectivo para cita espacial da misión Gemini 9. Foi lanzado o 1 de xuño de 1966 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral mediante un foguete Atlas SLV-3.[2][4][5][6]
Remove ads
Características
O ATDA foi preparado como apoio en caso de fallo do vehículo de cita principal, o Gemini Agena Target Vehicle, como así ocorreu. O ATDA tiña forma de cilindro de 1,52 m de diámetro e 3,33 m de longo. Tiña un adaptador de acoplamento nun dos extremos e un sistema de comunicacións, control e comando a bordo, así como luces de posición.[2][4][5][6]
Tras o lanzamento, o ATDA foi posto nunha órbita circular de 304 km de altura. A telemetría indicou que a a cofia separarase pero non fora exectada. Os astronautas da Gemini 9 confirmárono, con Tom Stafford describindoo como parecendo un aligátor enfadado. Análises posteriores descubriron que o problema foi a mala colocación de cordeis mal instalados na cofia.[2][4][5][6]
A Gemini 9 achegouse ata 8 m do ATDA e aínda que se considerou a posibilidade de que os astronautas soltaran a cofia a man finalmente desbotouse por demasiado perigosa. Os plans de voo modificáronse para que a Gemin 9 fixera dúas manobras máis de cita co ATDA antes de volver a terra. O ATDA en si reentrou na atmosfera o 11 de xullo de 1966.[2][4][5][6]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads