Augusto Fernández
futbolista arxentino From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Augusto Matías Fernández, nado o 10 de abril de 1986 en Pergamino, provincia de Buenos Aires, é un exfutbolista arxentino que xogaba na demarcación de extremo dereito.
Remove ads
Traxectoria
Debutou profesionalmente co River Plate no ano 2006, na vitoria do club millonario ante Tiro Federal por 5-0. Dous anos despois, no 2008, o club de Buenos Aires proclamouse campión do trofeo Clausura baixo as ordes de Diego Simeone, e disputando Augusto 15 dos 19 encontros do campionato.
O 28 de agosto de 2009 foi cedido ao AS Saint-Etienne francés polo propietario dunha parte dos seus dereitos federativos, o empresario israelí Pinhas Zahavi. Porén non chega a ter continuidade no equipo francés polo que ao rematar a tempada volve a Arxentina.
O 9 de xullo de 2010, o Vélez Sarsfield mercou a totalidade dos dereitos do xogador por millón e medio de dólares. No seu primeiro ano na disciplina o club rematou subcampión do trofeo Apertura, xogando 12 encontros como titular. No trofeo Clausura do ano 2011 Vélez proclamouse campión, coa achega de Augusto de catro goles en 17 encontros disputados.
O 9 de agosto de 2012, Augusto fichou polo Celta de Vigo, recentemente ascendido a Primeira División.
Remove ads
Palmarés
Club
- River Plate
- Primeira División da Arxentina (1): Clausura 2008
- Vélez Sársfield
- Primeira División da Arxentina (1): Clausura 2011
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Augusto Fernández ![]() |
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads