Aulo Cornelio Celso

From Wikipedia, the free encyclopedia

Aulo Cornelio Celso
Remove ads

Aulo Cornelio Celso (en latín: Aulus Cornelius Celsus) nado no ano -25 e finado no ano 50, foi un enciclopedista romano e posibelmente un médico. É coñecido pola súa obra De Medicina, que se cre que é a única sección sobrevivente dunha enciclopedia meirande. De Medicina trata sobre dieta, farmacia, cirurxía e outros eidos relacionados, e é un dos mellores exemplos no que se refire a coñecemento médico na Roma antiga. As partes perdidas da enciclopedia probabelmente incluían volumes sobre agricultura, dereito, retórica e tácticas militares. Tamén contribuíu á clasificación de doenzas dermatolóxicas humanas.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Non se coñece nada da súa vida. O seu propio nome é motivo de debate, xa que foi chamado tanto Aurelio como Aulo, sendo o segundo o máis plausíbel.[2] Algunhas expresións que emprega en De Medicina suxiren que viviu durante o mandato de Octavio Augusto e Tiberio.[3] Non se sabe con certeza onde viviu.

Thumb
De Medicina

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads