Avianca

From Wikipedia, the free encyclopedia

Aviancamap
Remove ads

Avianca S.A. (acrónimo de Aerovías Nacionales de Colombia S.A., actualmente Aerovías del Continente Americano S.A.) é a aeroliña nacional de Colombia. Fundouse o 5 de decembro de 1919, cando inicialmente rexistrouse baixo o nome de SCADTA. A súa sede atópase en Bogotá, estando o seu principal centro de operacións no Aeroporto Internacional El Dorado. Avianca é tamén unha marca que abrangue un grupo de sete aeroliñas latinoamericanas con códigos IATA independentes, que combinan as súas operacións para funcionar como unha compañía usando un sistema de códigos compartidos. Avianca é a aeroliña máis grande de Colombia e a segunda de Latinoamérica: xunto coas súas subsidiarias ten a rede máis extensa de destinos de toda Latinoamérica e unha das frotas máis grandes e modernas do continente. É propiedade de Synergy Group S.A., un grupo latinoamericano fundado por Germán Efromovich e especializado no transporte aéreo.

Datos rápidos Instancia de, Persoas e organizacións ...
Thumb
Boeing 767 de Avianca

O 7 de outubro de 2009 anunciouse que Avianca fusionaríase con TACA.[1] En 2009 Avianca celebrou o seu 90 aniversario sendo a segunda aeroliña máis antiga do mundo aínda operativa (tras KLM).

O 21 de xuño de 2012, Avianca foi presentada como membro oficial da Star Alliance tras un proceso que durou uns 18 meses dende o anuncio inicial de ser invitada a unirse á alianza.[2]

Remove ads

Frota

Máis información Avión, En servizo ...
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads