Axostilo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Axostilo
Remove ads

O axostilo é unha lámina ou eixe formado por microtúbulos que se encontra en certos eucariotas unicelulares. Orixínase na base dos flaxelos, e ás veces proxéctase alén do límie da célula, e adoita ser flexible ou contráctil, polo que pode estar implicado no movemento e proporciona soporte á célula. O axostilo orixínase en asociación coa raíz microtubular flaxelar e aparece en dous grupos de protistas, as oximónadas e os parabasálidos, os cales teñen axostilos con estruturas diferentes e non homólogas. Nas tricomónadas (uns parabasálidos) postulouse que o axostilo participa na locomoción e na adhesión da célula, pero tamén na cariocinese durante a división celular.[1][2][3]

Thumb
Tinguidura de Giemsa de T. vaginalis. No centro o axostilo.
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads