Axuda mutua
intercambio de recursos para un beneficio mutuo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O apoio mutuo ou axuda mutua é unha expresión que describe a cooperación, reciprocidade e o traballo en equipo no plano económico e político. É un dos principais enunciados do anarquismo. Adoita referirse ó intercambio recíproco e voluntario de recursos, habilidades e servizos por un beneficio mutuo entre ámbalas dúas partes.

Enténdese cooperación como pacto interesado por tódalas partes. Así o concepto de apoio mutuo sostén que os pactos de asociación cooperativa son os que mellores resultados dan a longo prazo, xa que as actitudes altruístas desinteresadas (pensar primeiro nos demais a costa dun mesmo) e as egocéntricas explotadoras (pensar nun mesmo a costa dos demais) son situacións insostenibles a largo prazo.
Remove ads
Orixe do concepto
Como concepto foi desenvolvido polo anarquista Piotr Kropotkin. No seu libro Mutual Aid: A Factor of Evolution (Axuda Mutua: Un Factor da Evolución), Kropotkin explorou a utilidade da cooperación como un mecanismo de supervivencia entre os animais, coa fin de neutralizar a concepción de evolución como unha feroz competición pola supervivencia entre os individuos que subministrou a teoría darwinista social.
Postulaba que se ben os espécimes buscan ser os mellores entre os da súa mesma especie, á vez a súa loita pola supervivencia non é entre a súa propia especie, senón para superar contornas hostís, para o cal cooperan.[1] As súas observacións de pobos indíxenas en Siberia leváronno á conclusión de que non tódalas sociedades humanas eran tan competitivas como as europeas, e que entón iso non se debía a unha esencia natural, senón máis ben a razóns culturais entre outras.
Remove ads
Apoio mutuo e política
Noutro dos seus libros, La Conquête du Pain (A conquista do pan), Kropotkin propuxo un sistema económico baseado no intercambio mutuo feito nun sistema de cooperación voluntaria. A tese de Kropotkin estaba baseada sobre a premisa de que a escaseza era innecesaria, e que era posible producir os suficientes recursos para satisfacer as necesidades de tódalas persoas ó traballar só cinco horas ó día durante a vida adulta, deixando o resto do día para satisfacer os desexos polo luxo, se é que se desexasen. O valor da solidariedade compatible co apoio mutuo non é o altruísmo, senón a xenerosidade e a reciprocidade.
O anarquismo, que ten este concepto como un principio das súas teses políticas, argumenta que o apoio mutuo ademais de ser incompatible co capitalismo e coas ideoloxías de "competencia autodestructiva", é incompatible en absoluto co Estado. Posto que o estado teoricamente está fundado nunha idea "altruísta" do benestar xeral intermediado, o que sería imposible de darse xa que as persoas a cargo deste non deixan de ser persoas que non poderán deixar o seu interese natural polo seu benestar particular a un lado en pos de tal benestar xeral, e o feito de que a solidariedade "intermediada" e "coactiva" dexenera os vínculos asociativos e comunitarios e termina illando ós individuos entre si.[2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads