Beacon Explorer B

Satélite artificial dos Estados Unidos From Wikipedia, the free encyclopedia

Beacon Explorer B
Remove ads

Beacon Explorer B, tamén coñecido como BE-B e Explorer 22, foi un satélite artificial de Estados Unidos pertencente ó programa Explorer e lanzado o 10 de outubro de 1964 mediante un foguete Scout X-4 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2][3][4]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

BE-B foi adicado á investigación da ionosfera terrestre coa finalidade de determinar a cantidade de electróns entre a nave e a Terra. Tamén serviu para facer medicións xeodésicas[1][4], nas que foi pioneiro usando a técnica de determina-la posición mediante láser desde terra[6].

O satélite inicialmente estabilizábase mediante xiro para pasar a estabilizarse nos tres eixos tralo desplegue dos paneis solares usando unha barra magnética que aliñaba o eixo de simetría do satélite co campo magnético local. A información da orientación do satélite proviña dun magnetómetro de tres eixos e duns sensores solares.[1][4]

A nave non levaba maneira de rexistra-los datos a bordo, polo que se obtiñan cada vez que sobrevoaba unha estación terrestre. O satélite emitía continuamente a 162 e 324 MHz para permiti-la súa localización precisa e facer estudos xeodésicos.[1][4]

As transmisións de BE-B deixaron de seguirse en agosto de 1968 e o satélite fallou en febreiro de 1970.[1][4]

Remove ads

Instrumentos

Beacon Explorer B levaba a bordo unha sonda electrostática, un radiofaro que emitía a 20, 40 e 41 Hz, un reflector láser pasivo para seguimento do satélite e un experimento de navegación Doppler.[4]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads