Programa Explorer
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Programa Explorer é un programa da NASA pensado para proporcionar oportunidades de voo frecuentes a misións espaciais que utilicen unha aproximación e xestión innovadoras adicadas aos campos da heliofísica e a astrofísica. O programa está moi enfocado a misións cun forte compoñente educativo e divulgativo e está pensado tamén para dar unha resposta rápida a novas oportunidades científicas. Nestas misións tamén se valora a colaboración internacional e nalgúns casos serven como paso previo para o lanzamento de misións máis grandes e completas. Dentro do programa poden atoparse subdivisións en función do custo da misión.
O programa Explorer comezou co lanzamento do Explorer 1 en febreiro de 1958, o primeiro satélite artificial posto en órbita polos Estados Unidos e que se adicou a estudar a contorna do espazo terrestre, decubrindo o cinto de Van Allen. Dado o seu éxito seguiron outros satélites Explorer para estudar a ionosfera e magnetosfera terrestres.
Remove ads
Clases de misións Explorer
Explorers
As misións Explorer clásicas son misións cun custo que non excede os 200 millóns de dólares, incluíndo desenvolvemento, operación da misión e análise de datos, sen contar o vehículo de lanzamento.
Estas son as misións Explorer lanzadas ata o momento:
Remove ads
Medium-Class Explorers (MIDEX)
As misións da clase MIDEX non poden superar un custo de 180 millóns de dólares durante o desenvolvemento e operación da misión, de novo exceptuando o lanzador.
As misións MIDEX lanzadas ata o momento son:
Small Explorers (SMEX)
As misións SMEX non poden superar os 120 millóns de dólares, tamén excluíndo o lanzador. Lanzáronse as seguintes:
Remove ads
University-Class Explorers (UNEX)
A clase UNEX non pode superar os 15 millóns de dólares por misión, de novo excluíndo ao lanzador. Ata agora lanzáronse:
Misións de oportunidade
As misións de oportunidade forman parte de misións que non son propias da NASA e que, en total, non poden ter un custo de máis de 55 millóns de dólares. Adoitan tomar forma de colaboración en misións internacionais e non sempre se lles asigna un número Explorer. Ata agora tiveron lugar estas misións de oportunidade:
Remove ads
Notas
- NASA, ed. (2020). "The Explorers Program" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2020.
- NASA, ed. (22 de xullo de 2019). "NASA's Explorer Program Satellites" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2020.
- United States. Congress. House. Committee on Science, Space, and Technology. Subcommittee on Space Science and Applications (1989). U.S. Government Printing Office, ed. NASA Reports Required by Congress: Report Prepared by the Subcommittee on Space Science and Applications, Transmitted to the Committee on Science, Space, and Technology. p. 377. ISBN.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads