BIROS

From Wikipedia, the free encyclopedia

BIROS
Remove ads

BIROS (acrónimo de Bi-spectral InfraRed Optical System), coñecido tamén como Firebird 2, é un satélite artificial alemá lanzado o 22 de xuño de 2016 mediante un foguete PSLV-XL desde o Centro Espacial Satish Dhawan, na India.[5][2][4]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

BIROS é un satélite lanzado coa misión de detectar incendios forestais desde órbita. É unha versión mellorada do satélite TET 1, co que comparte o sensor para detectar lume, e que usa o bus TET-X. BIROS leva a bordo tres cámaras de barrido, unha para o visible e as outras dúas para o infravermello, coas que detectar eventos de alta temperatura, como lume ou volcáns. Como cargas secundarias leva un terminal de comunicación óptica denominada OSIRIS (Optical Space Infrared Downlink System) para demostrar a capacidade de comunicación usando láser, chegando a velocidades de 1 Gbps, e o experimento de navegación óptica autónoma AVANTI (Autonomous Vision Approach Navigation and Target Identification), para o cal liberou o CubeSat BeeSat 4. BIROS ten unha masa de 130 kg.[5][2]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads