Balea de Groenlandia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A balea de Groenlandia,[3] tamén coñecida como balea franca boreal,[4] Balaena mysticetus Linnaeus, 1758, é unha especie de mamífero da orde dos cetáceos, suborde dos misticetos, da familia dos balénidos, única representante actual do xénero Balaena.
A especie foi obxecto de activa caza, de xeito que a súa poboación estaba gravemente ameazada de extinción antes da moratoria de 1986 decretada pola CBI.
Na actualidade o número total de exemplares estímase nuns 24 900 en toda a súa área de distribución.
Remove ads
Estado de conservación
Nos últimos tempos a situación da balea de Groenlandia foi cualificada como:
- 1994 – Vulnerábel (Groombridge 1994)
- 1990 – Vulnerábel (UICN 1990)
- 1988 – En risco (IUCN Conservation Monitoring Centre 1988)
- 1986 – En risco (IUCN Conservation Monitoring Centre 1986)
Con datos do ano 2008 (publicados no 2012), a UICN, considerando que a poboación mundial da especie parece estar aumentando, debido principalmente ao aumento na subpoboación de Bering-Chukchi-Beaufort (BCB), aínda que as tendencias de variación nas outras subpoboacións non están claras. O tamaño da subpoboación BCB está moi por riba do límite de vulnerábel' dunha poboación non decrecente, e as avaliacións actuais suxiren que esta poboación se recuperou até alcanzar o nivel que tiña antes da caza industrial de baleas. A estimación de máis de 7 000 animais nos stocks conxuntos das subpoboacións da Conca Foxe-Baía de Hudson e a baía de Baffin-estreito de Davis, é aínda provisional, pero é pouco probábel que as cifras finais sexan tan baixas que estas subpoblacións (ou a subpoboación combinada individual) cualificaría a súa inclusión nunha categoría de ameaza. O número de individuos da balea de Groenlandia no leste de Canadá e en Groenlandia occidental están probabelmente aínda por debaixo dos seus niveis previos á caza masiva de baleas. Por todas estas razóns, a situación da especie cualifícase como "LC" (pouco preocupante).[5]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads