Baltar
concello da comarca da Limia, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Baltar é un concello da provincia de Ourense, que pertence á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2018 tiña 968 habitantes[1] (1002 en 2015, 1149 no 2006, 1177 no 2005, 1180 no 2004, 1189 no 2003). O xentilicio é baltarés.[2]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Baltar.
Remove ads
Demografía

| Evolución da poboación de Baltar Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 3134 | 3145 | 3250 | 4018 | 1180 | 1114 | 1094 | 1076 | 1028 | 1.019 | 1002 | 986 | 957 | 968 | 962 | 942 | 919 | |||
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Remove ads
Xeografía
Baltar é un concello de interior, cun relevo suave encaixado entre os Montes de Montecelo e os Montes de Boullosa e a Serra de Larouco ao sur que, chegando aos 1300 m, constitúe o límite natural con Portugal. Está regado por dous afluentes do río Limia, o río Faramontaos e o río Salas; o primeiro descorre cara ao norte e logo cara ao oeste e o segundo cara ao sur.
O terreo é granítico, areoso e pouco fértil. Hai bosques de frondosas e coníferas nos vales e pradairos principalmente na Serra de Larouco.
O concello está atravesado pola estrada que leva a Xinzo de Limia, a OU-1110.
Dáse unha oscilación térmica acusada (14 °C), con temperaturas medias anuais baixas (10 °C).
Remove ads
Historia
O territorio estivo poboado polos límicos até o século I, en que foi invadido por tribos bárbaras. É posíbel que no lugar de Dourique se disputase unha batalla entre o rei de Portugal e os mouros. En época medieval, era posesión da Casa de Monterrei.
Parte do concello ―o lugar das Maus― constituíu até 1868 o Couto Mixto. Ese ano, coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864, todo o Couto Mixto foi incorporado a Baltar, mais os lugares de Rubiás e Santiago pediron ser integrados no concello de Calvos de Randín, solicitude que foi aprobada pola Deputación de Ourense en 1870 e se fixo vixente o ano seguinte.[3]
A partir de 1950 a emigración foi unha das causas polas que na actualidade diminuíu a súa poboación ata límites nunca vistos.
Economía
Predomina o sector primario de autoconsumo (50 % da poboación), seguido da construción (20 %), os servizos (20 %) e a industria (5 %). O 45 % do chan é forestal e o 20 % son pradairos e o 35 % dedícase a sementar patacas, centeo, millo, verzas da horta etc. Críanse porcos, vacas , ovellas e coellos.
Cultura
Na zona comprendida entre os ríos Salas e Faramontaos atópanse as ruínas dun lugar coñecido como Saler, do que se di que provén o nome do río.
O sivo é o traxe típico da zona e facíase con liño.
Na parroquia de Santa María de Tixós atópase un dos fornos mais antigos do concello así como un cruceiro e un peto de animas.
Baltar na literatura popular
- Blandeaivos, blandeaivos,/ costureiriñas das Maus,/ blandeaivos, blandeaivos/ de Gustós para Meaus [4].
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Baltar.
- Igrexa da Boullosa
- Cruceiro.
- Cruceiro.
- Placa altimétrica na casa do concello de Baltar.
- Casa do concello.
- Casa da Cultura "Nelson Zumel".
Parroquias
Lugares de Baltar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baltar vexa: Lugares de Baltar.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
