Bandar Seri Begawan
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Bandar Seri Begawan, é a capital de Brunei, situada no Mar da China Continental. No ano 2010 tiña 140 000 habitantes. Antigamente coñecida como Brunei Town cambiou o seu nome o 3 de outubro de 1970.

Remove ads
Etimoloxía
A primeira parte do nome da cidade, Bandar provén do persa بندر e significa "porto" ou "refuxio". A segunda parte do nome, Seri Begawan ten orixe nas palabras Sri e Bhagwan do sánscrito, que significa a bendita.
Historia
A historia da capital de Brunei remóntase ó século VI. Inicialmente era unha aldea da auga (Kampong Ayer), preto da actual localización de Kampong Kota Batu e o edificio nacional do museo. Dende entón, o crecemento e o desenvolvemento da capital ligou varias poboacións en Sungai Brunei que proporcionou unha base cidadá que potenciou diversas actividades económicas, especialmente as relacionadas co mar.
Remove ads
Patrimonio
Entre os seus edificios destacan o Palacio Real do Sultán, un dos máis grandes do mundo, e a mesquita de Omar Ali Saifuddien, o Royal Cerimonial Hall, o Royal Regalia Building, e o Brunei History Center. A mesquita de Omar Alí Saifuddin, construída en 1958, destaca pola súa enorme cúpula dourada e un luxoso interior de mármore italiano.
Véxase tamén
Ligazóns externas
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bandar Seri Begawan |
- Información do Goberno Municipal Arquivado 03 de novembro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads