Banksy

pseudónimo dun grafiteiro británico From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Banksy é o pseudónimo dun grafiteiro británico, que se cre naceu preto de Bristol en 1974. Especúlase que o artista suízo Maître de Casson pode ser Banksy[1]. Maître de Casson nega isto na súa páxina web[2]. Outra teoría apunta a que pode ser Robert Del Naja, fundador do grupo musical Massive Attack.[3]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
Graffiti en Londres.
Thumb
Esténcil "Varrendo en Hoxton"

Segundo Tristan Manco, Banksy "naceu en 1974 e criouse en Bristol, Inglaterra. Fillo dun técnico de fotocopiadoras, empezou de carniceiro pero empezou a grafitear durante o boom que tivo esta actividade na súa cidade a final dos anos 80s"[4].

As súas creacións apareceron en cidades de todo o mundo. Iniciou a súa carreira no ambiente cultural que se creou no metro de Bristol e no que colaboraron tamén artistas e músicos.

Banksy non vende fotos das súas creacións nas rúas. Sábese de casas de poxas que tentaron vender as súas creacións no mesmo sitio onde foron feitas, sen importarlle a maneira como o gañador da poxa retiraría logo a obra adquirida.

A obra "'The Flower Chucker" foi incluída na longametraxe The Age of Stupid como mostra representativa de toda a arte moderna almacenada para despois do final do mundo tal e como o coñecemos.

Exit Through The Gift Shop, a súa primeira película, debutou no Festival de Sundance de 2010 e foi estreada no Reino Unido o 5 de marzo.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads