Baquílides
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Baquílides (Βακχυλίδης) foi un poeta lírico grego, rival de Píndaro.
Remove ads
Traxectoria
Baquílides naceu en Iulis, na illa de Ceos por volta do ano 520 a.C. e morreu o 451 a.C. Era o sobriño e discípulo do poeta Simónides, a quen seguiu á corte do tirano Hierón de Siracusa. A continuación percorreu as cortes de Tesalia e Macedonia. Ademais de epinicios (odas ao vencedor dos Xogos), compuxo himnos aos deuses e soberanos, como Alexandre, fillo de Amintas I. Pasou logo longo tempo en Atenas, onde participou en numerosos concursos.
O final da súa vida énos moi descoñecido. Talvez retornou a Ceos, onde canta ao atleta Lacón, vencedor dos Xogos olímpicos nas Odas 6 e 7. Segundo certos autores, exiliárase e atopara refuxio en Esparta, o que parece apoiarse na Oda 9 e no ditirambo Idas.
Remove ads
Obra
A tradición atribúelle a Baquílides seis libros de himnos aos deuses, tres libros de eloxios e un de epinicios. Até 1897 só se coñecían fragmentos, mais atopáronse dous rolos de papiro do século I ou II en Exipto que contiñan uns vinte dos seus poemas, aínda que teñan moitas lagoas:
- Oda 1: para Arxeios de Ceos, vencedor no combate de loita de rapaces, Xogos ístmicos, data descoñecida;
- Oda 2: para o mesmo, vencedor no combate de loita de rapaces, Xogos ístmicos, data descoñecida;
- Oda 3: para Hierón de Siracusa, vencedor na carreira de carros, Xogos olímpicos, 468;
- Oda 4: para o mesmo, vencedor na carreira de carros, Xogos délficos, 470;
- Oda 5: para o mesmo, vencedor na carreira de cabalos, Xogos olímpicos, 476;
- Oda 6: para Lacón de Ceos, vencedor na carreira pedestre de rapaces, Xogos olímpicos, 452;
- Oda 7: para o mesmo, vencedor na carreira pedestre de rapaces, Xogos olímpicos, 452;
- Oda 8: para Liparión de Ceos (?);
- Oda 9: na honra de Automedes de Flionte, vencedor do péntatlon nos Xogos de Nemea;
- Oda 10: para Pasias de Atenas, vencedor na carreira pedestre dos Xogos ístmicos, data descoñecida;
- Oda 11: para Alexidame de Metaponto, vencedor na loita de rapaces nos Xogos délficos, data descoñecida:
- Oda 12: para Tisias de Égine, vencedor de loita nos Xogos de Nemea, data descoñecida;
- Oda 13: para Piteas de Égine, vencedor de pancracio de rapaces nos Xogos de Nemea, 483 (?);
- Oda 14: para Cleoptóleme de Tesalia, vencedor na carreira de carros nos Xogos petreos, data descoñecida;
- Oda 14b: para Aristóteles de Larisa, vencedor dunha carreira hípica;
- Oda 15 (Ditirambo 1): os fillos de Antenor, ou Helena recobrada;
- Oda 16 (Ditirambo 2): Hércules (ou Deianira), para os Délficos;
- Oda 17 (Ditirambo 3): Teseo;
- Oda 18 (Ditirambo 4): Teseo;
- Oda 19 (Ditirambo 5): Io, para os Atenienses;
- Oda 20 (Ditirambo 6): Idas, para os Espartanos.
Nun dos seus ditirambos introduce por vez primeira na poesía grega un diálogo no que o director do coro se transforma en personaxe, o que se considera un antecedente remoto da primitiva traxedia ática.
A arte de Baquílides é de moito máis fácil acceso que a de Píndaro, o que explica a gran popularidade da que desfrutou na súa época. Mais a ollos da posterioridade foi eclipsado polo seu rival. O estilo de Baquílides é claro e sinxelo, pero detallista, elegante e con habilidade para os motivos mitolóxicos.
Remove ads
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads