Baselios Cleemis Thottunkal
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Baselios Cleemis Thottunkal (en malaiala: ബസേലിയോസ് കര്ദ്ദിനാള് ക്ലിമ്മീസ്), nado o 15 de xuño de 1959 en Mukkoor (distrito de Pathanamthitta Kerala, India) é un eclesiástico católico siro-malankar, arcebispo maior de Trivandrum da Igrexa Católica Siro-Malankara dende 2007, e cardeal dende 2012.
Remove ads
Traxectoria
Naceu como Isaac Thottunkal o 15 de xuño de 1959 en Mukkoor, unha vila do distrito de Pathanamthitta no estado de Kerala.
O 11 de xuño de 1986 foi ordenado sacerdote polo bispo de Battery Cyril Baselios Malancharuvil.
O 18 de xuño de 2001 foi nomeado bispo auxiliar de Trivandrum e bispo titular de Chaialum. Recibiu a ordenación episcopal o 15 de agosto do mesmo ano, de mans do arcebispo de Trivandrum Cyril Baselios.
O 11 de setembro de 2003 foi nomeado bispo de Tiruvalla. Cando a sé foi elevada a arquieparquía, o 15 de maio de 2006, foi nomeado arcebispo metropolitano.
O 8 de febreiro de 2007 foi elixido arcebispo maior de Trivandrum polo Sínodo da Igrexa Católica Siro-Malankara. A súa elección foi aceptada por Bieito XVI ao día seguinte, e feita pública o 10 de febreiro.
O 24 de novembro de 2012 o papa Bieito XVI creouno cardeal, co título de cardeal-presbítero de San Gregorio VII.
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads