Batalla de Toro

From Wikipedia, the free encyclopedia

Batalla de Toromap
Remove ads

A batalla de Touro tivo lugar o 1 de marzo de 1476, durante a Guerra de Sucesión de Castela, entre as tropas portuguesas e castelás xoanistas de D. Afonso V, e os casteláns isabelinos de Fernando II, rei de Aragón, León e Castela.

Datos rápidos Datas e cronoloxía, Implicados ...
Remove ads

Desenrolo

Enfrontou ás forzas portuguesas e castelás que apoiaban a Xoana de Castela (sobriña de D. Afonso V de Portugal e raíña consorte de Portugal), contra as tropas de Fernando II de Aragón, que defendían os intereses de Isabel, tamén tía de Xoana.

Os nobres galegos e o rei de Portugal, Afonso V, apoiaban a causa xoanina.

Thumb
Pintura ao óleo de 1900 'Feito heróico de Duarte de Almeida, o Decepado', por José Bastos.

Na batalla, Duarte de Almeida, o abandeirado portugués, chegou a perder ambas as mans e resistiu portando a bandeira portuguesa coa boca até caer gravemente ferido. Ese acto foi admirado e Duarte de Almeida pasou a ser coñecido como O Decepado.

A bandeira foi posteriormente recuperada polos portugueses.[1] [2]

A última fase da batalla ocorreu cando as forzas xoanistas se reorganizaron e atacaron ás isabelinas.

O contraataque derrotou ás forzas de Fernando de Aragón, tomando o control do campo de batalla. Mentres tanto, os isabelinos retiráronse á protección das murallas de Zamora.

Como era normal nas regras da guerra daquel tempo, o príncipe Xoán permaneceu no campo de batalla dende o 2 até o 5 de marzo, como sinal de vitoria.

Remove ads

Consecuencias

Ao final, malia que os xoanistas conseguiron unha vantaxe táctica no campo de batalla, a confrontación tivo un carácter inconcluso. Estratexicamente, este combate revelou a dificultade de Portugal para garantir os dereitos de Xoana ao trono de Castela e consolidar a unión das dúas coroas baixo un monarca portugués.

En 1475, Afonso V foi proclamado rei de Galiza;[3] porén, nos anos seguintes Isabel de Castela fíxose co poder da Orde de Santiago, viaxou a Compostela en 1486 e puxo en marcha un plan para someter o reino de Galiza, chamado posteriormente "doma y castración" por Castelao.[4][5][6]

Remove ads

Notas

  1. Freire, Anselmo Braamcamp (1921). Brasões da Sala de Sintra, Livro Segundo. Robarts - University of Toronto. Coimbra. pp. 328–330.
  2. Soveral, Manuel Abranches de. "Filhos do 1.º senhor da Trofa - Diogo Gomes de Lemos". Consultado o 01-12-2022.
  3. "Afonso V, king of Portugal and Galicia". www.britishmuseum.org. Consultado o 2023-09-10.
  4. "O Reino Medieval de Galicia; Pardo de Cela e o Estado Moderno". Antón Xosé Meilán García. Consultado o 2023-09-10.

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads